Mel de abellón
Mel de abellón | |
---|---|
Título orixinal | Hummelhonung |
Autor/a | Torgny Lindgren |
Orixe | Suecia |
Lingua | Sueco |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Norstedts Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1995 2013 |
Formato | Tapa branda con lapelas. 20 x 13,5 cm |
Páxinas | 132 |
ISBN | 978-84-941211-6-6 |
Tradución | Marta Dahlgren |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mel de abellón[1] é unha novela de Torgny Lindgren, publicada por vez primeira en 1995 co título orixinal en lingua sueca de Hummelhonung.
Trama
[editar | editar a fonte]Unha escritora, logo de dar unha charla nunha vila de Västerbotten, no norte de Suecia, remata vivindo nunha aldea illada cun home ancián que a vai recoller. O home, Hadar, ten un irmán chamado Olof que vive noutra casa a unha curta distancia, pero os irmáns evítanse como á peste e levan moitos anos sen teren contacto. Doentes os dous, a súa única esperanza é sobrevivir ó outro[2]. O único modo que ten Hadar para saber que Olof segue vivo é ver se sae fume da súa cheminea.
A chegada da escritora convértese en catalizador: os irmáns comezan a desvelarlle o seu pasado, e ao tempo ela sérvelles de canle de comunicación por primeira vez en décadas, aínda que sexa de forma indirecta.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]A novela foi adaptada a ópera en 2001 por Carl Unander-Scharin. Foi traducida ao galego por Marta Dahlgren,[3] publicada en 2013 pola Editorial Hugin e Munin.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mel de abellón. Traducido por Marta Dahlgren (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-941211-6-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Gradvall, Jan; Nordström, Björn; Nordström, Ulf; Rabe, Annina (2009): Tusen svenska klassiker. Norstedts Förlagsgrupp. ISBN 978-91-1-301717-4 (en sueco).
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na web da editorial.