Saltar ao contido

Meiro, Bueu, Bueu

Meiro
ParroquiaBueu (San Martiño de Fóra)
ConcelloBueu
Coordenadas42°18′32″N 8°46′34″O / 42.30878974255, -8.7761365870266
Poboación324 hab. (2024)
editar datos en Wikidata ]

Meiro é un lugar da parroquia de Bueu (San Martiño de Fóra), no concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 324 habitantes (163 homes e 161 mulleres)[1].

Con carácter anual, a Asociación Cultural Meiro vén celebrando o Encontro degustación Millo Corvo[2]. Trátase dunha festividade declarada de interese turístico[3], que xira derredor da posta en valor deste cultivo tradicional, histórica e culturalmente vencelledo ao propio lugar de Meiro.

Durante a mesma, ademais de diversas actividades gastrónomicas (degustación de diferentes pratos elaborados a base deste millo), organízanse charlas (sobre etnografía, cultura tradicional, folclore), xogos populares, diversas demostracións (muiñadas, baile tradicional, etc. ) e concertos.[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Bueu (San Martiño de Fóra)

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Bueu (San Martiño de Fóra) no concello de Bueu (Pontevedra)

A Canceliña | A Carrasqueira | A Cividá | O Enleito | A Graña | Loureiro | As Meáns | Meiro | O Norte | O Outeiro | Petís | A Portela | A Ramorta | Soutelo | Trasouto | O Valado | O Viso | Xexide

Parroquias de Bueu

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu

Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Bueu (San Martiño de Fóra) | Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín)