Meinrado de Einsiedeln

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meinrado de Einsiedeln
Proceso de canonización
Veneración

Meinrado de Einsiedeln, ou tamén Meginrado, nado en Rottenburg am Neckar en data descoñecida e finado en Einsiedeln o 21 de xaneiro de 861, foi un monxe cristián alemán, eremita beneditino, morto en Einsiedeln é venerado como santo pola Igrexa Católica.

Haxiografía[editar | editar a fonte]

Naceu a finais do século VIII nunha familia campesiña preto da actual Rottenburg am Neckar en Alemaña, no Sülchgau. As haxiografías relatan que entrou no mosteiro beneditino de Reichenau no lago de Constanza, onde se converteu en sacerdote. Despois de traballar como mestre preto de Zúric, ao redor do ano 830, pediu aos seus superiores que puidesen retirarse á vida de eremita nun bosque próximo. A poboación local admirábao pola súa vida ascética e pronto se fixo famoso na comarca. De aí a decisión de afastarse máis dos lugares habitados. Escolleu un bosque preto da actual Einsiedeln, onde viviu uns vinte e cinco anos, até a súa morte.

Capela de San Meinrado no paso Etzelpass preto de Einsiedeln.

Lenda[editar | editar a fonte]

Contan as crónicas que dous bandidos que crían que o santo agochaba tesouros, fixéronse pasar por peregrinos a Compostela e atacárono matándoo a paus. Conta a lenda que posteriormente foron perseguidos por dous corvos, que, agradecidos ao eremita que lles tiña salvado a vida, denunciaron a presenza dos asasinos permitindo que fosen identificados, capturados e condenados á fogueira.[1][2]

A esta lenda remite o escudo do concello de Einsiedeln, Feusisberg. A ermida foi entón habitada por outro beneditino chamado Benno, que despois chegou a ser bispo de Metz, pero preferiu volver a Einsiedeln para fundar un mosteiro.

A abadía de Saint Meinrad, fundada en 1854 en Kentucky polos beneditinos de Einsiedeln e arcabadía da Congregación Beneditina Helveto-Americana, leva o seu nome.

Unha vez pensouse que era membro da liñaxe dos Hohenzollern e que, polo tanto, viña de Sülchgau.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "mittelalter-genealogie.de". www.mittelalter-genealogie.de. Consultado o 2022-04-18. 
  2. "San Meinrado (Meginrado) di Einsiedeln ; santiebeati.info" (en inglés). Consultado o 2022-04-18. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]