Mehmet Ali Ağca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mehmet Ali Ağca
Nacemento9 de xaneiro de 1958
Lugar de nacementoHekimhan
NacionalidadeTurquía
EtniaPobo turco
Ocupaciónnacionalista
Na rede
IMDB: nm1522172 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mehmet Ali Ağca, nado en Hekimhan o 9 de xaneiro de 1958, é un terrorista turco que atentou contra o Papa Xoán Paulo II o 13 de maio de 1981.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao ser detido afirmou ser membro da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, aínda que a organización negou calquera relación con el. Máis tarde afirmou formar parte dunha conspiración financiada por Bulgaria, co apoio da KGB para asasinar ao Papa polo seu apoio ao movemento polaco Solidariedade, pero iso nunca se puido demostrar. Ağca foi condenado a cadea perpetua en Italia, pero foi perdoado polo presidente Carlo Azeglio Ciampi en xuño de 2000, á súa volta a Turquía entrou en prisión por un asasinato anterior. A xustiza turca liberouno o 12 de xaneiro de 2006, decisión que a Corte Suprema Turca revogou o 20 de xaneiro polo que volveu a prisión.