Mehmet Öz
Aparencia
Mehmet Cengiz Öz, nado en Cleveland, Ohio o 11 de xuño de 1960),[1] máis coñecido como Dr. Oz, é un cirurxián, autor e personalidade televisiva turco-americano.[2][3][4] É defensor da medicina alternativa e ten sido criticado por profesionais médicos, representantes de gobernos e publicacións como Popular Science e The New Yorker por dar consellos non científicos.
Öz apareceu na televisión por primeira vez no programa The Oprah Winfrey Show en 2004, e posteriormente en Larry King Live e outros programas. En 2009, The Dr. Oz Show, un programa diario centrado en temas médicos e saúde persoal, foi lanzado por Harpo Productions e Sony Pictures.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TVGuide.com (ed.). "Mehmet Oz". Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
- ↑ Brown, Chip (30 de xullo de 1995). The New York Times, ed. "The Experiments of Dr. Oz". Consultado o 12 de maio de 2010.
- ↑ Tikkanen, Amy (2015). Encyclopedia Britannica, ed. "Mehmet Oz biography – Turkish American surgeon, educator, and author". Consultado o 24 de febreiro de 2015.
- ↑ IMDb, ed. (2015). "Mehmet Oz – Biography". Consultado o 24 de febreiro de 2015.
- ↑ Oprah.com, ed. (13 de xuño de 2008). "Harpo Productions and Sony Pictures Television To Launch Dr. Oz". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 17 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mehmet Öz |