Meher Baba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1894 Pune, India |
Morte | 31 de xaneiro de 1969 (74 anos) Meherazad, India |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Deccan College Post-Graduate and Research Institute (en) St. Vincent's High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | teólogo |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Meher Baba (en persa: مهر بابا, en devanágari: मेहेर बाबा) é como se coñece a Merwan Sheriar Irani nado en Pune no 25 de febreiro de 1894 e finado en Ahmednagar, Maharashtra, no 31 de xaneiro de 1969, foi un mestre espiritual hindú, aceptado no seu tempo por algúns humanos como avatar (Deus encarnado).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Merwan Sheriar Irani naceu en Pune, India, nunha familia zoroastriana de orixe iraniana. Os seus primeiros seguidores déronlle o nome de "Meher Baba", que significa "pai compasivo". Desde o 10 de xullo de 1925 até a súa morte en 1969, Meher Baba permaneceu en silencio. Comunicábase sinalando letras nunha tabela co alfabeto latino e máis tarde, tamén con xestos. Meher Baba dixo que o exercicio espiritual do seu silencio non era para o seu propio beneficio, senón que era unha condición necesaria do seu traballo universal para o beneficio de toda a Humanidade. Comentaba a miúdo o momento no que "rompía o seu silencio falando a 'Palabra' en cada corazón, dando así un impulso espiritual a todos os seres vivos".[2] [3]
Na década de 1930, Meher Baba comezou unha serie de viaxes polo mundo, con varias estancias en Europa e Estados Unidos.
Na súa primeira viaxe a Inglaterra, en 1931, coñeceu no barco a Mahatma Gandhi, quen ía á segunda rolda de negociacións sobre a independencia da India en Londres. Baba e Gandhi comunicáronse tres veces durante a viaxe.[4] A prensa británica destacou estas reunións,[5] pero un asistente de Gandhi declarou que "Debedes dicir sobre todo que Gandhi nunca lle pediu a Meher Baba ningunha axuda espiritual ou doutra forma".[6]
Visitou Barcelona durante a II República española, o 1 de novembro de 1933. Meher Baba díxolles aos seus compañeiros que chegou a contactar cun dos seus "axentes espirituais", que resultou ser un simple policía da praza de Catalunya.[7][8]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Pete Townshend, líder do grupo de rock The Who, foi seguidor de Meher Baba e as súas ensinanzas foron unha importante fonte de inspiración para moitas das súas cancións, incluíndo "Tommy"[9] e o inacabado proxecto Lifehouse. A canción "Baba O'Riley", escrita para Lifehouse e que finalmente apareceu no álbum Who's Next, leva o nome de Meher Baba e do compositor minimalista Terry Riley.
Tamén o título da canción "Don't Worry, Be Happy", do compositor de jazz Bobby McFerrin, saíu dunha coñecida frase de Meher Baba.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ New Religious Movements in the United States and Canada: A Critical Assessment and Annotated Bibliography. Diane Choquette. Greenwood Press. Westport, CT. 1985. páx. 12.
- ↑ "Silencio". Meher Baba; www.meherbaba.es (en castelán). Consultado o 2024-10-29.
- ↑ Haynes (1989) p. 66
- ↑ Purdom (1964) p. 95.
- ↑ Véxanse os artigos no Daily Herald, 4 abril de 1932 (citado por Kalchuri, 1986, páx. 1573) e no Sunday Express, abril 1932 (citado por Purdom, 1964, páx. 99)
- ↑ Landau, Rom, "God Is My Adventure", Faber & Faber, Londres, 1936, páx. 111.
- ↑ Meher Prabhu: Lord Meher, The Biography of the Avatar of the Age, Meher Baba. Manifestation, 1986, páx. 1838-1839.
- ↑ "Barcelona". meherbabatravels jimdo page (en inglés). Consultado o 2024-10-30.
- ↑ "Tommy", The Who, Gatefold cover acknowledgements, 23 de maio de 1969.
- ↑ Bruce Fessier, USA Weekend Magazine, 21-23 de outubro de 1988.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meher Baba |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Purdom, C. B. (Charles Benjamin; 1964). The god-man; the life, journeys, and work of Meher Baba with an interpretation of his silence and spiritual teaching, 1883-1965 , George Allen & Unwin Ltd, Londres.
- Haynes, Charles. (1989). Meher Baba, The Awakener. San Francisco: Avatar Foundation, Inc.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- meherbaba.org Arquivado 13 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. Arquivado
- MeherBaba.com.ar Arquivado
- Meher Baba en castelán. Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Arquivado