Megumi Igarashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Megumi Igarashi
Loz roku1.png
Nacemento14 de marzo de 1972
NacionalidadeXapón
Alma máterKokugakuin University
Ocupaciónescultora, Mangaka, artista e feminista
CónxuxeMike Scott e valor descoñecido
editar datos en Wikidata ]

Megumi Igarashi (五十嵐恵 Igarashi Megumi?, nada en 1972), tamén coñecida polo pseudónimo «Rokudenashiko»,[a][1] é unha escultora e artista[2] xaponesa, que se fixo famosa polos seus traballos sobre a vulva. Igarashi considera que a súa misión é desmitificar os xenitaris femininos en Xapón, país onde, segundo ela, os órganos sexuais femininos están "demasiado ocultos" en comparación coas imaxes fálicas masculinas.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Igarashi deseñou moitas obras cuxa temática se basea na vulva, incluíndo unha araña, un coche de control remoto, colares e cubertas de iPhone. Os pequenos dioramas son parte da serie chamada "Decoman" (un xogo de palabras a partir do termo manko, palabra xaponesa para referirse á "vulva"). Buscando facer algo máis grande, Igarashi considerou facer unha porta, e un coche, antes de centrarse no deseño dun kaiak, inspirado pola conexión entre a sexualidade feminina e o mar. Ao final, acabou construíndo un kaiak baseado nunha reprodución 3D da súa propia vulva.[4] Igarashi logrou financiar este proxecto a través dunha campaña de mecenado participativo, enviando os datos 3D do kaiak a todos os doantes que contribuíron cunha cifra superior aos 3.000 iens[5] A través dos datos 3D, os doantes poderían obter esta representación da súa vulva. Posteriormente, este kaiak sería exposto nunha galería de arte de Tokio.[6]

Problemas legais[editar | editar a fonte]

En xullo de 2014, Igarashi foi arrestada por unha suposta violación das leis xaponesas sobre obscenidade, ao enviar por correo electrónico os datos do escáner 3D da súa vulva a aquelas persoas que apoiasen a campaña de mecenado participativo para a construción do kaiak.[3] Máis de 21.000 persoas asinaron unha petición en liña na que instaban o goberno para que Igarashi fose posta en liberdade.[7] Finalmente, unha semana despois foi liberada tras recorrer exitosamente a súa detención.[8]

O 3 de decembro de 2014, Igarashi foi arrestada baixo a acusación de exhibir un obxecto obsceno, xunto con Minori Watanabe —unha escritora, activista do movemento feminista e dona dunha sex shop—.[9] Watanabe tamén foi arrestada, aínda que posteriormente sería posta en liberdade.[10] Igarashi foi acusada de "exhibicionismo obsceno", "rexistros electromagnéticos obscenos", así como posterior distribución destes,[11] aínda que sería posta en liberdade unhas semanas despois, o 26 de decembro. O seu xuízo comezou en abril de 2015,[12][13] e 8 de de maio de 2016 a xustiza nipoa ditou sentenza: nas acusacións relativas ao Kaiak non foi atopada culpábel, caso distinto no relativo ás impresións 3D da súa vulva, polas que foi condenada a unha multa de 400000 yenes —a metade do que pedía a acusación—.[14]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

O seu traballo foi recoñecido no documental #Female Pleasure da directora Barbara Miller.[15]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En outubro de 2016 Igarashi contraeu matrimonio con Mike Scott, o líder do grupo musical The Waterboys.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En xaponés escrito ろくでなし子 ou tamén 碌でなし子.
Referencias
  1. Alexandra M. Kokoli (2016). The Feminist Uncanny in Theory and Art Practice, Bloomsbury Academic, páx. 199
  2. "Artist denies obscenity charge: 'My vagina is like my arms and legs'". asahi.com. Asahi Shimbun. 16 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 McCurry, Justin (15 de xullo de 2014). "Vagina selfie for 3D printers lands Japanese artist in trouble". The Guardian. Consultado o 14 de novembro de de 2016. 
  4. Kendall, Philip (18 de xullo de 2014). "Here’s that "vagina kayak" Japanese artist Megumi Igarashi made with the help of crowdfunding". RocketNews24. Consultado o 22 de novembro de 2016. 
  5. "Tokyo prosecutors seek fine in trial against ‘vagina artist’ Megumi Igarashi". The Japan Times Online. 1 de febreiro de 2016. ISSN 0447-5763. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  6. Larissa Hjorth, Olivia Khoo (2016). Routledge Handbook of New Media in Asia, Routledge, páx. 123
  7. "Japanese Vagina artist Megumi Igarashi released after week in jail". IANS. news.biharprabha.com. Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  8. "Tokyo vagina artist released by police". Japan Today. 19 de xullo de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  9. "Manga artist arrested after displaying 'obscene' work in Tokyo shop". The Asahi Shimbun Company. 4 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  10. "Writer released after arrest over displaying salacious objects at adult shop". The Japan Times. 8 de decembro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  11. "Vagina Kayak Artist Moves On to Painting - artnet News". artnet News. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  12. "Tokyo prosecutors seek fine in trial against 'vagina artist' Megumi Igarashi - The Japan Times". The Japan Times. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  13. Justin McCurry (15 de abril de 2015). "Japanese artist goes on trial over 'vagina selfies' Megumi Igarashi, aka Rokudenashiko, who made kayak modelled on her genitalia, argues in court that her artwork is not obscene". The Guardian. Consultado o 17 de novembro de 2016. 
  14. "Japan vagina artist cleared over kayak model but fined for data distribution". BBC. 9 de maio de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  15. Garcia, Maria (13 de marzo de 2019). "Review: #Female Pleasure". Consultado o 15 de abril de 2019. 
  16. "When Will We Be Married? The Waterboys frontman Mike Scott gets hitched to Japanese vagina artist". Scotish Sun. 21 de outubro de 2016. Consultado o 14 de novembro de 2016.