Megan Boone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMegan Boone

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Petoskey, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado da Flórida (pt) Traducir
Belleview High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de televisión , actriz de teatro , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1443644 Allocine: 245025 Rottentomatoes: celebrity/megan-boone Allmovie: p606734 Metacritic: person/megan-boone
Twitter: meganboone Instagram: msmeganboone Musicbrainz: 5137a2e6-c91c-45fc-9755-075c6f6c1646 Editar o valor em Wikidata

Megan Boone, nada en Petoskey (Míchigan) o 29 de abril de 1983, é unha actriz estadounidense. É coñecida no seu papel como Elizabeth Keen, unha axente do FBI na serie da NBC titulada The Blacklist.[1] Tamén traballou regularmente nas series Law & Order: LA e Blue Bloods. Ten aparecido en películas como My Bloody Valentine 3D ( 2009) e Step Up Revolution (2012)

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Míchigan, de moi nova, seus pais trasladáronse a The Villages, Florida, para estar máis preto dos seus avós.[2] O seu avó, H. Gary Morse, foi o promotor de The Villages, e a súa nai, Jennifer Parr, era Directora de Vendas.[3]

Boone di que se "enganchou" á actuación cando, con sete anos, os seus avós levárona a Nova York para ver unha obra de Broadway protagonizada por Nathan Lane.

En 2005, formouse na Escola de Teatro da Universidade Estatal de Florida cunha licenciatura en Belas Artes (BFA) en actuación.[4] Boone estudou drama e interpretación técnica con Jane Alexander e Edwin Sherin no Asolo Repertory Theatre e traballou co dramaturgo Mark Medoff.[5] Boone acreditou que Alexander a aconsellara que continuase actuando cando, ao comezo da súa carreira, pensara en abandonar[3] e, posteriormente, coincidiu con ela en varios episodios de The Blacklist.[6] Tras obter o seu diploma, marchou a Londres a estudar arte dramática e intepretación do teatro de Shakespeare e traballou con profesores da Royal Academy of Dramatic Art e da Royal Shakespeare Company.[7]

A finais de 2017, Boone comezou a estudar un MBA en Sostibilidade no Bard College.[8]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Tras acturar nunha curtametraxe, Elijah,[9] filmada en 2001 cando era estudante na Universidade estatal de Florida, debutou profesionalemente en 2007 en teatro como protagonista nos Ánxeles na obra de Charles L. Mee Limonade Tous Les Jours e gañou dous premios LA Weekly Theatre pola súa actuación.[10][11]

Boone debutou nas longametraxes coa película de terror My Bloody Valentine 3D (2009) e, a seguir, actuou nun papel secundario en Sex and the City 2 en 2010. Durante 2010, traballou na serie televisiva Law & Order: LA na que representou a fiscal adxunta do distrito Lauren Stanton.[2] Ese mesmo ano, Boone debutou na dirección co filme independente Eggshells for Soil, rodando parte das escenas en The Villages. Tamén apareceu en Step Up Revolution (2012), a cuarta película da serie Step Up.[12]

Boone, máis tarde recibiría un papel protagonista no drama independente Leave Me Like You Found Me (2012),[13] polo que gañou o premio Gen Art Film Festival á mellor actriz. En 2013, tivo un papel recorrente na serie de drama policial CBS, Blue Bloods[14] e, ese mesmo ano, conseguiu o papel protagonista da axente do FBI, Elizabeth Keen, na serie da NBC, The Blacklist.[15] A serie tivo moito éxito tanto de crítica como de público, incluíndo boas puntuacións nas listaxes do mercado de vídeos.[16]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En novembro de 2015, o seu representante confirmou que ela mailo artista Dan Estabrook esperaban o seu primeiro fillo xuntos. En xaneiro de 2016, durante unha aparición en Live! wit Kelly and Michael, Boone revelou que esperaban unha nena, que naceu en abril do mesmo ano[17][18]

Despois do nacemento da súa filla, implicouse cada vez máis na concienciación sobre asuntos medioambientais. En xaneiro de 2017, creou a Fundación Caroline Agnes.org, coa que pretende proporcionar aos pais opcións de entrega de agasallos para os seus fillos que sexan ambientalmente seguros.[19]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Ano Título Función Notas
2001 Elijah Abigail Curtametraxe
2007 The Mustachioed Bandit Meets His End Kate
2009 My Bloody Valentine 3D Megan
2010 The Myth of the American Sleepover Kerri Sullivan
2010 Eggshells for Soil Profesora Curtametraxe. Tamén directora, escritora e produtora.
2010 Sex and the City 2 Allie
2012 Step Up Revolution Claire Asa
2012 About Cherry Jake
2012 Leave Me Like You Found Me Erin Premio á mellor actriz no Gen Art Film Festival
2013 Welcome to the Jungle Lisa
2017 Family Games Sloane O filme foi liberado en 2018
2018 Cred Talk

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Función Notas
2008 The Cleaner Rae Episodio: "Five Little Words"
2008 Cold Case Helen McCormick '60 Episodio: "Wings"
2010 Harvard Medical School Nell Larson Episodio piloto
2010 HMS: White Coat Nell Larson Filme televisivo
2010–2011 Law & Order: LA DDA Lauren Stanton 7 episodios
2013 Blue Bloods Detective Candice McElroy 2 episodios
2013–2021 The Blacklist Elizabeth Keen 147 episodios[20]
2014 Robot Chicken Hannah Horvath / Kelly Garrett / Zira / Angie 2 episodios
2017 The Blacklist: Redemption Elizabeth Keen 2 episodios

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barker, Cory ORY BARK (2019-03-22). "tvguide.com". The Blacklist Gets the Band Back Together (en inglés). Consultado o 14-6-2020. 
  2. 2,0 2,1 Rorke, Robert; Getlen, Larry; Seibel, Deborah S. (8-9-2013). "Actors to watch this fall". nypost.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  3. 3,0 3,1 Minton, Meta (6-9-2013). "NBC’s new hit show ‘The Blacklist’ stars talented local actress Megan Boone". villages-news.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  4. "Alum to Star in New NBC Series". Florida State University. (en inglés). 6-9-2013. Archived from the original on 08-10-2013. Consultado o 15-6-2020. 
  5. "The Blacklist -Cast". nbc.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  6. Vogt, Tiffany (23-9-2013). "THE BLACKLIST Intel: EP John Eisendrath and Megan Boone Preview their Intriguing New Spy Series". thetvaddict.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  7. "Megan Boone" |url= incorrecto (Axuda). tvguide.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  8. Dodd, Scott (26-9-2017). "The Blacklist’s Megan Boone has a new target: climate change". grist.org (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  9. "Elijah". imbd.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  10. Morgan, Terry (5-8-2007). "Limonade Tous Les Jours". variety.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  11. Morris, Steven Leigh (8-4-2008). "THE 29TH ANNUAL L.A. WEEKLY THEATER AWARDS". laweekly.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  12. Lowe, Justin (25 de xullo de 2012). "Step Up Revolution: Film Review". The Hollywood Reporter. Consultado o 15 de outubro de 2020. 
  13. Schoenbrun, Dan (12-3-2012). "Five Questions with Leave Me Like You Found Me Director Adele Romanski". filmmakermagazine.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  14. Andreeva, Nellie (25-10-2012). "Megan Boone To Do Arc On ‘Blue Bloods’ As Danny’s Partner, Subs For Jennifer Esposito". deadline.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  15. Andreeva, Nellie (1-3-2013). "Megan Boone Cast As Female Lead In NBC Pilot ‘Blacklist’". deadline.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23-10-2022. Consultado o 15-6-2020. 
  16. Redacción (13-3-2017). "NBC’s ‘The Blacklist’ jumps among DVR viewers". medialifemagazine.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-04-2017. Consultado o 15-6-2020. 
  17. Redacción (20-4-2016). "Megan Boone Welcomes Daughter Caroline". people.com (en inglés). Consultado o 14-6-2020. 
  18. Dawn, Randee (20-4-2016). "'Blacklist' star Megan Boone welcomes a baby daughter Caroline Boone Estabrook". today.com (en inglés). Consultado o 14-6-2020. 
  19. Wenn (4-1-2017). "Megan Boone started environmental foundation after daughter’s birth". hollywood.com (en inglés). Consultado o 15-6-2020. 
  20. Aínda que a serie ten emitido uns 152 episodios, Megan Boone apareceu só en 147 por mor do seu embarazo. Non apareceu nos episodios do 19 ao 22 da terceira temporada e tampouco aparece, co personaxe adulto, no episodio 17 da cuarta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]