Saltar ao contido

Tonelada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Megagramo»)
En verde, países que adoptaron o Sistema Internacional de Unidades (SI) e usan a tonelada como unidade de masa. Os Estados Unidos en vermello, é o único país do mundo (ademais de algúns territorios soberanos non incorporados ou dependentes como Palau, Illas Marshall, Micronesia e a Samoa Americana) onde é oficial o Sistema Anglosaxón de Unidades e o único onde é oficial a tonelada curta. En amarelo, países en proceso de adherirse ao SI (Myanmar e Liberia). Noutros terrirorios como o Estado asociado de Porto Rico, e nos Estados do Canadá, Belize e Reino Unido existen as toneladas curtas e longas ademais da tonelada métrica, pero só é oficial o SI.

A tonelada (t) ou megagramo (Mg) é unha unidade de masa do sistema métrico decimal e do Sistema Internacional de Unidades. O seu nome deriva de tonel, que provén do diminutivo do francés antigo tonne, tonel grande.

Sistema internacional

[editar | editar a fonte]

A tonelada métrica é o terceiro múltiplo do quilogramo e o sexto do gramo. Tamén se chama megagramo.

1 t = 1.000 kg = 103 kg
1 t = 1.000.000 g = 106 g

Múltiplos e submúltiplos

[editar | editar a fonte]
Múltiplo Nome Símbolo Múltiplo Nome Símbolo
100 gramo g      
101 decagramo dag 10−1 decigramo dg
102 hectogramo hg 10−2 centigramo cg
103 quilogramo kg 10−3 miligramo mg
106 tonelada/megagramo t/Mg 10−6 microgramo µg
109 xigagramo Gg 10−9 nanogramo ng
1012 teragramo Tg 10−12 picogramo pg
1015 petagramo Pg 10−15 femtogramo fg
1018 exagramo Eg 10−18 attogramo ag
1021 zettagramo Zg 10−21 zeptogramo zg
1024 yottagramo Yg 10−24 yoctogramo yg

Outras toneladas

[editar | editar a fonte]

Na náutica española, a tonelada era unha medida de capacidade igual a oito cóbados de ribeira cúbicos; é dicir, 0,1891 m³, ou 189,11 L.

Tamén se empregaba a tonelada de arqueo (ou tonelada Moorsom),[1] para medir a cabida dunha embarcación, e que equivalía a 2,83 m³.

En países anglosaxóns usáronse historicamente dúas medidas alternativas de tonelada, chamadas short ton ou tonelada curta e long ton ou tonelada longa. Nos Estados Unidos úsase oficialmente a tonelada curta[2] e noutros territorios como o Reino Unido, Belize ou no Canadá empréganse ás veces ambas medidas, pero só é oficial o Sistema Internacional de Unidades.

  1. "tonelada Moorson". Diccionario Náutico (en castelán). 2024-07-18. Consultado o 2025-01-15. 
  2. "The Social Life of Measures Metrication in the United States and Mexico, 1789–2004 - ProQuest". www.proquest.com (en inglés). Consultado o 2025-01-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]