Megacles I
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VII a. C. Atenas, Grecia |
| Morte | p. século VII a. C. |
| Arconte epónimo | |
| 631 a. C. – 630 a. C. | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Familia | Alcmeónidas |
| Fillos | Alcmeão (contemporâneo de Creso) |
| Descrito pola fonte | Реальный словарь классических древностей по Любкеру, 1885 |
Megacles I (en grego Μεγακλῆς) foi un membro da familia dos Alcmeónidas, e arconte epónimo de Atenas durante o período -632 - -631, cando Cilón tentou apoderarse, sen éxito, do goberno. Megacles impediuno e ordenou o asalto da Acrópole, onde se refuxiaron os seguidores de Cilón como suplicantes de Atenea, e o asasinato de todos eles[1]. Por esta razón foi acusado de sacrilexio por Mirón de Flía, e obrigado a se exiliar da cidade, xunto cos demais membros da súa familia, e sobre eles lanzouse a maldición dos Alcmeónidas, que afectou tamén aos seus descendentes, xa que a súa acción atraeu tamén sobre Atenas unha impureza de considerábel transcendencia política[2][2][3][4].