Medio de contraste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Anxiografía cerebral obtido empregando un medio de contraste con iodo

Un medio de contraste é calquera substancia que se usa para mellorar a visibilidade de estruturas ou fluídos dentro do corpo. Un exemplo disto son os líquidos opacos á radiación que se utilizan durante un diagnóstico de raios X, para resaltar un tecido ou estrutura obxecto de estudo.[1]

Entre os medios de contraste máis comúns atópanse o sulfato de bario e algúns compostos orgánicos iodados, como o Iohexol e a Ioperamida. Adminístranse polas vías en que mellor se distribúen pola estrutura a ser examinada, xa sexan inxeridos ou por enema no caso do tracto dixestivo, inhalados para as vías respiratorias ou inxectados para visualizar os vasos sanguíneos, órganos e tecidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dorland (1986). Dicionario enciclopédico ilustrado de medicina (en castelán) 2 (26 ed.). Madrid: Interamericana - W.B. Saunders. p. 944. ISBN 84-7605-223-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]