Medicines and Healthcare products Regulatory Agency
| Medicines and Healthcare products Regulatory Agency | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
A Medicines and Healthcare products Regulatory Agency (MHRA, traducible como "Axencia Reguladora de Medicamentos e Produtos Sanitarios") é unha axencia executiva do Department of Health and Social Care (Departamento de Saúde e Asistencia Social) do Reino Unido que se encarga de garantir que medicamentos e dispositivos médicos funcionan e son aceptábeis.
Historia
[editar | editar a fonte]A MHRA formouse en 2003 pola fusión da Medicines Control Agency (MCA) e a Medical Devices Agency (MDA). En abril de 2013, fusionouse co National Institute for Biological Standards and Control (Instituto Nacional de Estándares e Control Biolóxicos, NIBSC) e cambiou a súa denominación, coa identidade MHRA utilizada unicamente para o centro regulador do grupo. A axencia emprega máis de 1200 persoas en Londres, York e South Mimms, Hertfordshire.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About us". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2023-08-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medicines and Healthcare products Regulatory Agency |