Medicine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medicine
Orixe Los Angeles, California, Flag of the United States.svg
Período 1990 - 1995
2003
2013 - presente
Xénero(s) rock alternativo, shoegaze, noise pop
Selo(s) discográfico(s) Creation, American, Wall of Sound, Captured Tracks
Membros Brad Laner
Beth Thompson
Jim Goodall
Antigos membros Shannon Lee
Matt Devine
Eddie Ruscha
Jim Putnam
Justin Meldal-Johnsen
Bernard Yin
Dean Opseth
Annette Zilinskas
Marianne Grubbs

Medicine é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Los Angeles no ano 1990 polo guitarrista e telista Brad Laner. É sobre todo coñecida polo seu cameo na película de 1994 The Crow, no cal interpretaban o tema "Time Baby II", aínda que no álbum da banda sonora está unha versión distinta titulada "Time Baby 3", unha canción que conta como vocalista invitada con Elizabeth Fraser de Cocteau Twins.

Historia[editar | editar a fonte]

Medicine formouna o ex-batería de Savage Republic Brad Laner, baseandose nalgunhas gravación en 4 pistas nas que Laner estaba traballando en 1990. Despois de amosarlle esas cintas a representantes da industria musical, estes dixéronlle que se creaba unha banda que soase como as cintas podería conseguir un contrato discográfico. Laner entón montou un grupo con músicos da escena de Los Angeles. A primeiro formación de Medicine incluía a Laner, ao batería Jim Goodall (Severed Head in a Bag, Jon Wayne, Lopez Beatles), ao guitarrista Jim Putnam, ao baixista Eddie Ruscha e á vocalista Annette Zilinskas (membro orixinal de The Bangles). Zilinskas marchou antes de publicar oficialmente nada e foi substituída pola antiga cantante de Fourwaycross Beth Thompson. Baseándose na demo orixinal, a banda asinou con Creation Records, sendo o primeiro grupo estadounidense en facelo. Nos Estados Unidos Medicine asinou co selo de Rick Rubin, American Recordings, no ano 1992. Cun característico ton de guitarra, creado por Brad Laner ao pasar o seu instrumento por unha gravadora Yamaha de 4 pistas, a música de Medicine logrou distinguirse doutros grupos máis ambiguos do movemento shoegazing.

O seu primeiro álbum, Shot Forth Self Living, publicouse no ano 1992. Pudo escoitarse en radios universitarias e tivo cobertura en publicacións alternativas, sendo incluso algúns dos seus videos emitidos na MTV.

O seu seguinte traballa, The Buried Life, lanzouse no ano seguinte e conseguíu unha maior atención por parte do gran público, incluída cobertura en revistas como Creem.

O terceiro álbum contou cunha nova formación, con Matt Devine e Justin Meldal-Johnsen substituíndo a Putnam e Ruscha respectivamente. Titulado Her Highness, editouse no ano 1995. A banda separaríase pouco despois da súa publicación.

Medicine reformouse brevemente en 2003, unicamente como un dúo composto por Laner e Shannon Lee, a filla do actor Bruce Lee. Nese ano publicaron o álbum The Mechanical Forces of Love.

O núcleo de Medicine, formado por Laner, Thompson e Goodall, reuniríase novamente en 2013 e asinaría un contrato co selo Captured Tracks. A banda publicou un novo álbum de estudio, To the Happy Few, en xullo dese ano, precedido polo sinxelo "Long as the Sun". En outubro de 2014 editarían o seu derradeiro traballo ata a data, Home Everywhere.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Shot Forth Self Living 1992 Def American/Creation
The Buried Life 1993 American Recordings
Her Highness 1995 American Recordings
The Mechanical Forces of Love 2003 Wall of Sound/Astralwerks
To the Happy Few 2013 Captured Tracks
Home Everywhere 2014 Captured Tracks

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]