Medelpad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medelpad
Landskap
Medelpads vapen.svg
Sverigekarta-Landskap Medelpad.svg
PaísSuecia Suecia
RexiónNorrland
CondadoVästernorrland
Maior lagoHolmsjön
Punto máis altoMyckelmyrberget (577 m)
Área7 058 km²
Poboación126 539 habitantes
Densidade17,9 hab./km²
Símbolos
Florabeto vermello
Animallebre de montaña

Medelpad é unha provincia histórica sueca (landskap) que na súa totalidade está incluída no condado de Västernorrland, no sur da rexión de Norrland. Medelpad limita ao sur coa provincia de Hälsingland, ao oeste coa de Härjedalen, ao noroeste coa de Jämtland, ao norte coa de Ångermanland e ao leste co golfo de Botnia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O primeiro documento conservado onde aparece o nome Medelpad é do ano 1257. Pénsase que Medelpad vén das palabras do sueco antigo Medhal, que significa "no medio" e Pad, que significa "camiño" ou "camiño acuático". Isto interpretouse como unha referencia á Sankt Olofsleden, unha importante ruta para camiñantes e xenetes dende Selånger ata Trondheim, en Noruega, e/ou á baía medieval e a canle de navegación ao porto marítimo de Saint Olof en Selånge, entre os os dous ríos do landskap, o Ljungan ao sur e o Indalsälven ao norte.[1] Outra hipótese é que "Medelpad" pode ter significado "o terreo de praia no medio", e orixinalmente referido á zona cental de praia da era viquinga no Selångersfjärden, ao lado de Kungsnäs, pero ampliouse para referirse a toda a provincia que co tempo pasou a ser administrada dende este lugar.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Medelpad - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-06. 
  2. Ortnamnsprofessorn Lars-Erik Edlund, refererad i Nils Johan Tjärnlund (2011), Fanns det grevar på Östermalm? Läsarnas egna frågor om Medelpads historia, p. 20.