Mecencio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía romana, Mecencio era un rei etrusco que gobernou Cere, cidade situada na rexión da Etruria, na Italia central. Turno, rei dos rútulos, pediulle axuda a Mecencio para loitar contra as tropas de Latino e Eneas. Nesta batalla tanto Turno como Mecencio resultaron mortos.