Mdou Moctar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mdou Moctar
AliasM.dou Mouktar
Data nacemento1986
Nado enTchintabaraden
Ocupaciónguitarrista
Instrumento(s)guitar, vocals, synth
Selo(s) discográfico(s)Sahel Sounds, Stone Tapes, Matador Records
Na rede
mdoumoctar.com
IMDB: nm7318018 Facebook: mdoumoctarofficial Bandcamp: mdoumoctar Spotify: 48dgx7iGqLQ3E5KO3pzd94 iTunes: 552742374 Musicbrainz: d85defaf-b82e-48be-beb5-2672099e392e Songkick: 7962938 Discogs: 2374748 Allmusic: mn0002840753 Deezer: 3787071 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mahamadou Souleymane, nado arredor do 16 de agosto de 1984 ou 1986,[1] coñecido profesionalmente como Mdou Moctar (ou M.dou Mouktar), é un músico e cantautor tuareg en lingua tamasheq[2] asentado en Agadez (Níxer). O seu estilo musical é o rock moderno con influencias da música tuareg, principalmente na guitarra, a cal toca nos estilos takamba e assouf.[2][3] A súa música foi coñecida inicialmente por unha empresa de telefonía móbil e tarxetas de memoria de África Occidental.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mdou Moctar no festival de Jazz de Pori (Finlandia) en 2022

Mdou Moctar naceu na aldea de Tchintabaraden (Nixeria) e criouse en Arlit, unha cidade mineira.[5] Tras escoitar a artistas como Abdallah Oumbadougou quixo aprender a tocar a guitarra, mais a súa familia era contraria á música eléctrica. Tivo que construír a súa propia guitarra utilizando cables de freo de bicicleta como cordas.[5][6]

En 2008 gravou o seu primeiro álbum, Anar, en Sokoto (Nixeria), en que destacaban o Auto-Tune e as influencias da música da etnia Hausa.[2][7][8] O álbum non foi publicado de xeito oficial nese momento, mais as cancións fixéronse populares nos países do Sahel. Moitas das primeiras cancións de Moctar foron compartidas por Bluetooth como arquivos de MP3 de persoa a persoa por todo Níxer sen a implicación de Moctar.[9]

Algúns das cancións acadaron sona mundial cando Sahel Sounds as publicou no recompilatorio Music from Saharan Cellphones: Volume 1.[5] Everclear, unha banda de Portland (Oregón, EUA), versionou dúas das cancións en inglés. En 2014 publicouse Anar en vinilo a un prezo alto, debido ás «prácticas empresariais depredadoras» de Sixt na primeira xira europea de Moctar.[10]

O seu seguinte álbum, Afelan, foi gravado en directo en Tchintabaraden e presenta «improvisacións obsoletas e baladas cálidas».[11] A canción que lle dá o nome ao título fai referencia a un célebre heroe tuareg do Azawagh, no oeste de Níxer.[12] Contén unha versión do tema «Chet Boghassa», do grupo Tinariwen. En 2014 Moctar descubriu que a súa música adquirira interese a nivel internacional:

«A primeira vez que souben del [de Christopher Kirkley de Sahel Sounds] foi a través dunha chamada súa. Foi unha conversa estraña, pensei que o meu curmán estaba de brincadeira, así que lle colguei. Non podía ser certo que me estivese chamando un tío dende os EUA dicindo que quería traballar comigo a nivel musical. Volveume chamar e falamos. Veume visitar á aldea e mesmo me enviou unha guitarra para persoas zurdas, moi difícil de atopar en Níxer. A guitarra cruzou varios países de África para chegar ás miñas mans, e dende entón non parei de tocala!»[13]

En 2019 Moctar publicou o seu quinto álbum de estudio, Ilana (The Creator), o primeiro que gravou cunha banda completa.[14] Bob Boilen, da radio pública estadounidense NPR, cualificou o álbum como «quizais o máis intenso de rock psicodélico do século XXI».[15] Happy Mag situouno no posto 13 da súa lista de «Os 25 mellores álbums de rock psicodélico da década de 2010», e considerouno «música seria por unha causa seria».[16] O seu sexto álbum, Afrique Victime, foi publicado por Matador Records o 21 de maio de 2021.[17] O álbum recibiu críticas positivas de publicacións internacionais como Rolling Stone,[18] Paste,[19] Pitchfork[20] e The Guardian.[21]

Xiras internacionais[editar | editar a fonte]

Durante febreiro e marzo de 2022, Mdou Moctar fixo unha xira de dezaseis datas como abreconcertos do grupo de Brooklyn de indie rock Parquet Courts durante a xira norteamericana deste.[22] Moctar deu ademais oito concertos en solitario ao comezo e ao fin desta xira. Na primavera dese ano realizou unha xira por Europa.[22] Porén, os concertos previstos en Irlanda tiveron que ser cancelados por cuestións de visado.

Filmes[editar | editar a fonte]

En 2013 Moctar apareceu na curtametraxe I Sing the Desert Electric.[23] En 2015 protagonizou o filme Akounak Tedalat Taha Tazoughai (Choiva de Cor Azul cun Pouco de Vermello Nela).[24] A banda sonora inclúe música interpretada no set de rodaxe e na sala L'Embobineuse de Marsella.[25] En 2022 apareceu nun vídeo de Sesións de Fender e interpretou tres cancións do seu álbum Afrique Victime: "Afrique Victime", "Ya Habibti" e "Chismiten".[26] Moctar gravou un NPR Tiny Desk Concert no inverno de 2020 dende unha casa en Niamey (Níxer), publicado no sitio web da NPR o 24 de maio de 2021.[27]

Membros da banda[editar | editar a fonte]

  • Mahamadou "Mdou Moctar" Souleymane – guitarra principal, voz
  • Ahmoudou Madassane – guitarra rítmica, coros
  • Michael "Mikey" Coltun – baixo, coros, batería; produtor (2017–presente)
  • Souleymane Ibrahim – batería, percusión, coros (2019–presente)

Membros anteriores

  • Aboubacar Mazawadje Ibrahim – batería (c. 2018)
  • Mahmoud "Achcouscous" Ahmed Jabre – batería (c. 2016–2017)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • Anar (2008; reeditado en 2014 por Sahel Sounds)
  • Akounak Tedalat Taha Tazoughai (banda sonora orixinal) (Sahel Sounds, 2015)
  • Sousoume Tamachek (Sahel Sounds, 2017)
  • Ilana: The Creator (Sahel Sounds, 2019)
  • Afrique Victime (Matador Records, 2021)

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Singles e EP[editar | editar a fonte]

  • Tahoultine (2011)
  • Anar / Vanessa (Sahel Sounds, 2012)
  • Ibitlan / Tiknass (Sunbone) (Sahel Sounds, 2020)
  • Niger EP Vol. 1 (Matador Records, 2022)
  • Niger EP Vol. 2 (Matador Records, 2022)

Colaboracións en recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Music from Saharan Cellphones: Volume 1 (2010)[28]
  • Music for Saharan Cellphones: The International Reworks (2011)
  • The Mdou Moctar Covers (2012)
  • Pop Music from Republique Du Niger (2012)
  • Music from Saharan Cellphones: Volume 2 (2013)
  • Ronald Paris / Mdou Moctar (2014)
  • Rough Trade Shops Africa 13 (2014)
  • Mind the Gap #110 (2014)
  • Below the Radar 10 (2014)
  • Afrique Refait (2022) (remix de Afrique Victime en que participaron só artistas de África)[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eyre, Banning (16 de outubro de 2017). "Mdou Moctar Talks Tuareg Film and Music". Afropop Worldwide (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Allan, Jennifer Lucy (outubro de 2014). "Prince of the Desert". The Wire (en inglés) (368). p. 10. Consultado o 10 de febreiro de 2023. 
  3. "Mdou Moctar - Toeareg-rockheld voor de jonge generatie". Gonzo (circus) - Muziek.Kunst.Meer (en neerlandés). Consultado o 10 de febreiro de 2023. 
  4. "tahoultine, chopped and skyped". Sahel Sounds (en inglés). 29 de decembro de 2023. Consultado o 10 de febreiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Deville, Chris (5 de marzo de 2019). "Mdou Moctar Interview: Hear The Tuareg Guitarist's "Tumastin"". Stereogum (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2023. 
  6. Schardl, Kati. "Mdou Moctar's scorching riffs set to heat up shred-fest at The Wilbury". Tallahassee Democrat (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2023. 
  7. "Mdou Moctar - People - Cafe Oto". Cafe Oto (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  8. Doran, John (30 de decembro de 2014). "The playlist: the best Middle Eastern and North African music of 2014, with Noura Mint Seymali". The Guardian (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  9. Barschad, Amos (1 de xuño de 2022). "How Mdou Moctar’s Music Went Viral Via Bluetooth". Wired (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  10. "here be dragons". Sahel Sounds (en inglés). 9 de setembro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  11. Holslin, Peter (22 de xaneiro de 2015). "Master of Saharan Guitar: Mdou Moctar “Anar”". Passion of the Weiss (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  12. "sahel vinyl". Sahel Sounds (en inglés). 22 de xullo de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  13. Baššleer, Šeb. "An Interview with Mdou Moctar". Occii.org (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  14. Beta, Andy (1 de abril de 2019). "Mdou Moctar: Ilana (The Creator) - Album Review". Pitchfork (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  15. Boilen, Bob (21 de marzo de 2019). "Mdou Moctar's 'Ilana' Is Perhaps The Most Fiery Psych-Rock Of The 21st Century". NPR (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  16. Saunders, Luke (8 de setembro de 2021). "The 25 best psychedelic rock albums of the 2010s". Happy Mag (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  17. Breathnach, Cillian (3 de marzo de 2021). "Mdou Moctar announces new album Afrique Victime, released music video for single Tala Tannam". Guitar.com (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  18. Grow, Kory (20 de maio de 2021). "Mdou Moctar’s ‘Afrique Victime’ Redefines Freedom in Rock". Rolling Stone (en inglés) (Penske Business Media). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  19. Reyes-Kulkarni, Saby (22 de maio de 2021). "Mdou Moctar's Vision Blossoms into a Desert Flower on Afrique Victime". Paste (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  20. Sodomsky, Sam (20 de maio de 2021). "Mdou Moctar: Afrique Victime Album Review". Pitchfork (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  21. Mongredien, Phil (23 de maio de 2021). "Mdou Moctar: Afrique Victime review – wild, virtuosic Tuareg blues". The Guardian (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  22. 22,0 22,1 Helfand, Raphael (5 de xaneiro de 2022). "Mdou Moctar announces new U.S. tour dates". The Fader (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  23. "i sing the desert electric (download)". Sahel Sounds (en inglés). 29 de marzo de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  24. "Mdou Moctar protagoniza un nuevo filme documental, Rain the Color of Blue with a Little Red In It". Concepto Radio. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  25. "Akounak Tedalat Taha Tazoughai OST". Sahel Sounds (en inglés). 7 de xuño de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  26. Fender (08 de febreiro de 2022). Mdou Moctar - Fender Sessions - Fender (en inglés). 
  27. Boilen, Bob (24 de maio de 2021). "Mdou Moctar: Tiny Desk (Home) Concert". NPR (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  28. "Music For Saharan Cellphones Vol.2 crowdfunding LP release". The Wire (en inglés). 21 de agosto de 2012. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  29. Minsker, Evan (14 de abril de 2022). "Mdou Moctar Announce Remix Album Afrique Refait Featuring Only African Artists". Pitchfork (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2023.