Maya Manolova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maya Manolova
Maya Manolova (portrait).jpg
Nacemento4 de maio de 1965
 Kyustendil
NacionalidadeBulgaria
Relixióncristianismo
Alma máterUniversidade de Economia Mundial e Nacional e Moscow University for the Humanities
Ocupaciónpolítica e avogada
editar datos en Wikidata ]

Maya Bozhidarova Manolova, nada o 4 de maio de 1965 en Kyustendil, é unha avogada e política búlgara, defensora do pobo búlgara dende 2015[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na súa localidade natal e graduouse en historia en Moscova e mais en economía (1994) e dereito (1996) na Universidade de Economía Nacional e Mundial de Sofía. Exerceu como avogada en Kyustendy de 1998 ata 2015.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Socialista Búlgaro dende 1989, presentouse ás eleccións nas listas de Coalición por Bulgaria, dirixida polos seu partido, e entrou como deputada na Asemblea Nacional en 2005. Líder do PSB da provincia de Kyustendil dende 2008. Entre 2013 e 2014 foi vicepresidenta do parlamento, durante a 42ª lexislatura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "БИОГРАФИЯ НА МАЯ МАНОЛОВА". омбудсман на Република България