Maurice Bellonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maurice Bellonte
Maurice Bellonte, Dieudonné Costes, 1929.jpg
Nacemento25 de outubro de 1896
Lugar de nacementoMéru
Falecemento14 de xaneiro de 1984
Lugar de falecementoParís
Soterradocemiterio de Passy
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónaviador
PremiosGran cruz da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]
Monumento ós pilotos Costes e Bellonte en Saint-Valerie-en-Caux

Maurice Bellonte, nado o 25 de outubro de 1896 en Méru (Oise) e morto en París o 14 de xaneiro de 1984, foi un aviador francés. Xunto con Dieudonné Costes realizou en 1930 nun Breguet XIX o primeiro voo sen escalas de París a Nova York.

Nado dun pai enxeñeiro, Bellonte interesouse desde moi novo pola técnica. Participou na Primeira Guerra Mundial na aviación mais sen pilotar. Foi mecánico e navegador nas primeiras liñas aéreas despois da gran guerra. En 1923 coñece ó piloto Dieudonné Costes e formaron equipo en numerosos voos. Realizaron unha primeira tentativa de voo sen escalas París-Nova York en 1929 que non tivo éxito xa que logo de 17 horas tiveron que volver polo mal tempo, pero bateron o récord de distancia cun voo París-Qiqihar, no nordeste da (China), de 7925 km. Este voo demóstralles que o Breguet XIX con motor Hispano-Suíza 650 CV podía atravesar o Atlántico norte con ventos contrarios leste-oeste.

O primeiro voo París-Nova York realizouse finalmente entre o 1 e o 2 de setembro de 1930, despois de 37h 14min.

Covidado por Air France en 1977, Maurice Bellonte voou no Concorde no primeiro voo comercial supersónico París-Nova York, en 3h 30min. Ese ano publicou o libro Le premier Paris-New York.