Maurice Barrymore
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Maurice Barrymore | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Herbert Arthur Chamberlayne Blythe |
Nacemento | 21 de setembro de 1849 |
Lugar | Amritsar |
Falecemento | 25 de marzo de 1905 e 26 de marzo de 1905 |
Lugar | Amityville |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Universidade de Oxford e Harrow School |
Pai | William Edward Blythe |
Nai | Charlotte Matilda Chamberlayne de Tankerville |
Cónxuxe(s) | Georgiana Drew |
Fillos | John Barrymore, Lionel Barrymore e Ethel Barrymore |
Profesión | actor e actor de teatro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Herbert Arthur Chamberlayne Blyth, nado en Agra (India) o 21 de setembro de 1849 e finado en Amityville (Nova York) o 25 de marzo de 1905, foi un actor estadounidense, máis coñecido como Maurice Barrymore. Foi o fundador da coñecida familia de actores, os Barrymore.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito en Oxford (Inglaterra). En 1872 gañou o campionato de boxeo de peso medio de Inglaterra. En 1873 renunciou á súa carreira polo teatro, en 1874 marchou aos Estados Unidos, e ao ano seguinte entrou na compañía de August Daly e debutou con Under the Gaslight (1867). En 1876 casou coa actriz Georgianna "Georgie" Emma Drew (1856-1893), filla do actor irlandés John Drew.
Os seus fillos foron os actores John, Lionel e Ethel Barrymore.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |