Saltar ao contido

Matteo Ricci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatteo Ricci

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1552 Editar o valor en Wikidata
Macerata (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1610 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Pequín (Dinastía Ming) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Zhalan 39°55′49″N 116°20′24″L / 39.930161, 116.3399 Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónColexio Romano (1569–1577)
Universidade de Roma La Sapienza - dereito (1568–1569)
Colexio Xesuíta de Macerata (1561–1568) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Colexio de San Paulo de Goa (1578–1582)
Coímbra (1577–1578) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, presbítero, matemático, misioneiro, cartógrafo, tradutor, sinólogo Editar o valor en Wikidata
PeríodoDinastía Ming Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de maio Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 178466 BNE: XX1143200 WikiTree: Ricci-271 Find a Grave: 32764715 Editar o valor en Wikidata

Matteo Ricci (en latín: Matthaeus Riccius), coñecido na China como Li Madou (en chinés tradicional: 利瑪竇; en pinyin: Lì Mǎdòu), nado en Macerata o 6 de outubro de 1552 e finado en Beijing o 11 de maio de 1610, foi un misioneiro católico xesuíta, creador da primeira romanización da lingua chinesa e pioneiro da misión xesuíta na China. Creou o Kunyu wanguo quantu (1602), un mapamundi escrito en caracteres chineses. En 2022, a Santa Sé concedeulle o título de Venerable en recoñecemento das súas virtudes heroicas.[1]

Ricci chegou ao asentamento portugués de Macau en 1582, onde comezou o seu labor misioneiro. Chegou a dominar o chinés e mais o seu sistema de escrita. Foi o primeiro europeo en acceder á Cidade Prohibida en 1601, por invitación do emperador Wanli, quen procurou os seus servizos en astronomía e o seu saber sobre os calendarios. Ricci analizou os paralelismos entre o catolicismo e o confucianismo, opoñéndose ao budismo. Ademais, converteu ao catolicismo a varios funcionarios chineses de importancia. Tamén colaborou con membros da elite chinesa, como Xu Guangqi, na tradución dos Elementos de Euclides ao chinés e dos clásicos confucianos ao latín.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Matteo Ricci naceu o 6 de outubro de 1552 en Macerata, nos Estados Pontificios (na actualidade, pertence á rexión italiana de Marche). Estudou os clásicos na súa vila natal, e logo viaxou a Roma, onde cursou Dereito durante dous anos. En abril de 1571, ingresou na Sociedade de Xesús do Colexio Romano. Alí, ademais de Filosofía e Teoloxía, profundou nas Matemáticas, a Cosmoloxía e a Astronomía baixo a dirección de Christophorus Clavius. En 1577, solicitou partir na expedición misioneira cara o leste asiático. Saíu de Lisboa en marzo de 1578 e chegou a Goa, unha colonia portuguesa, en setembro. Ricci exerceu a docencia e o ministerio até finais da Coresma de 1582, cando lle ordenaron trasladarse a Macau para introducirse na China. Ricci chegou a Macau a comezos de agosto.[2]

Ricci na China

[editar | editar a fonte]

En agosto de 1582, Ricci chegou a Macau, un porto comercial portugués no mar da China Meridional.[3] Naquela época, a actividade misioneira católica na China limitábase a este territorio, onde algúns dos locais se converteran á nova relixión. Tres anos antes, Michele Ruggieri, asentado na India Portuguesa, fora invitado polo fundador do Colexio de San Paulo de Macau, Alessandro Valignano, co expreso propósito de estudar chinés e preparar unha futura delegación xesuíta na China continental.[4]

Ao chegar a Macau, Ricci principiou os seus estudos da lingua e os costumes chineses. Foi o comezo dun longo proxecto que o convertería no primeiro erudito occidental en dominar os sinogramas e o chinés clásico. Con Ruggieri, viaxou até as principais cidades de Guangdong, como Guangzhou e Zhaoqing (naquel momento, residencia do vicerrei de Guangdong e Guangxi), coa intención de establecer unha misión xesuíta permanente fóra de Macau.[2]

En 1583, Ricci e Ruggieri asentáronse en Zhaoqing a invitación do seu gobernador, Wang Pan, quen escoitara falar da habilidade de Ricci para as matemáticas e a cartografía. Nesta localidade, en 1584, Ricci creou o primeiro mapamundi ao estilo europeo en lingua chinesa, o Da ying quan tu (en chinés tradicional: 大瀛全圖; lit. "Mapa completo do gran mundo").[5] Non se conservan impresións desta obra, mais si do seu Kunyu wanguo quantu (1602), unha versión posterior e expandida que sobreviviu en versións de papel de arroz.

Pénsase que, durante a súa estancia en Zhaoqing, Ricci e Ruggieri compilaron un dicionario portugués-chinés, o primeiro a unha lingua europea, para o cal desenvolveron un sistema de transcrición do chinés ao alfabeto latino. O manuscrito perdeuse nos arquivos xesuítas de Roma até que foi redescuberto en 1934, mais só se publicou en 2001.[6] Na actualidade, hai unha placa en Zhaoqing conmemorando os seis anos nos que Ricci permaneceu na cidade, así como un Centro Memorial Ricci, situado nun edificio da década de 1860.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]