Matt Ryan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matt Ryan
No. 2 Atlanta Falcons
Posición:Quarterback
Información persoal
Nacemento:17 de maio de 1985 (38 anos)
Lugar:Pensilvania Exton, Pensilvania
Altura:6 ft 4 in (1,93 m)
Peso:217 lb (98 kg)
Información da carreira
Instituto:Philadelphia (PA) Penn Charter
Universidade:Boston College
NFL Draft:2008 / Rolda: 1 / Pick: 3
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • 1× MVP da NFL (2016)
  • 4× Pro Bowl (2010, 2012, 2014, 2016)
  • 1× Primeiro equipo All-Pro (2016)
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

Matthew Thomas Ryan, máis coñecido como Matt Ryan, nado o 17 de maio de 1985 en Exton, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga como quarterback para os Atlanta Falcons da National Football League (NFL). Tras formarse no Boston College foi escollido en 2008 polos Falcons no terceiro lugar do draft da NFL. En 2016 foille outorgado o galardón como xogador máis valioso (MVP) da temporada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Bernice e Michael Ryan, unha parella católica de ascendencia irlandesa, Ryan naceu o 17 de maio de 1985 en Exton, Pensilvania.[1] Formouse no Asis William Penn Charter School de Filadelfia, onde xogou ao fútbol americano durante tres anos, gañando o premio ganó All-East. Alí tamén xogou ao baloncesto na posición de ala e ao béisbol como pitcher e shortstop en béisbol. Tras o seu paso polo instituto, Ryan uniuse ao Boston College para continuar a súa carreira e formación académica.

Tras acabar a súa etapa universitaria, Ryan foi seleccionado polos Atlanta Falcons no terceiro lugar da primeira rolda do draft da NFL de 2008, onde asinou un contrato de seis anos por valor de 72 millóns de dólares, 34 deses millóns garantidos. No seu primeiro ano no fútbol americano profesional gañou o título ao Rookie Ofensivo do Ano, sendo desde aquela un dos mellores quarterbacks da competición. Na cuarta xornada da temporada 2016, Ryan lanzou 503 iardas de pase conseguindo catro touchdowns, na que Julio Jones, o seu receptor principal, capturou 12 pases para 300 iardas e un touchdown, para a vitoria por 48-33 fronte os Carolina Panthers. Jones e Ryan convertéronse así no primeiro dúo de quarterback-receptor da historia da NFL en conseguir 500 iardas de pase e 300 de recepción nun mesmo partido.[2] Esa mesma temporada, Ryan lidera aos Falcons á súa segunda participación na Super Bowl, onde se enfrontarán aos New England Patriots.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eklof, Cormac (30-11-2010). "Matt Ryan leads Falcons to joint best record in the NFL" (en inglés). 
  2. Wesseling, Chris (02-10.2016). "Matt Ryan, Julio Jones set records in win over Panthers" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]