Matilde Martínez Domínguez
Aparencia
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 7 de xuño de 1952 Nocedo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 19 de xuño de 1987 Barcelona | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Causa da morte | homicidio, Atentado de Hipercor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Lugar de sepultura | Nocedo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Disciplina deportiva | fútbol feminino | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Matilde Martínez Domínguez, nada en Nocedo (Quiroga) en 1952 e finada en Barcelona o 19 de xuño de 1987, foi unha futbolista galega, precursora do fútbol feminino en Cataluña.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Establecida en Barcelona, comezou a súa carreira deportiva en 1971 como centrocampista co Gramanet e despois xogou na Unió Esportiva Sant Andreu. Máis tarde, fundou o FF Cataluña, que gañou a primeira liga catalá na tempada de 1980-1981,[2] sendo a súa capitá. Morreu en xuño de 1987 no atentado de Hipercor en Barcelona.[3][4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Liga Catalá de Fútbol Feminino: 1980-81
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ enciclopedia.cat (ed.). "Matilde Martínez Domínguez". Consultado o 8 de febreiro de 2020.
- ↑ enciclopedia.cat (ed.). "fútbol". Consultado o 8 de febreiro de 2020.
- ↑ La Vanguardia, ed. (21 de xuño de 1987). "Diez familias rotas". Consultado o 21 de outubro de 2019.
- ↑ López R., X (23 de xuño de 1987). El Mundo Deportivo, ed. "Sepelio de Matilde Martínez" (PDF). Consultado o 21 de outubro de 2019.