Saltar ao contido

Matilde Cherner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatilde Cherner
Biografía
Nacemento1833 Editar o valor en Wikidata
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de agosto de 1880 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, novelista Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioRafael Luna Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteApuntes para un diccionario de escritoras españolas del siglo XIX (1ª parte: «Acuña de la Iglesia» a «Cherner»), (p.193-194)
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Cherner (Matilde), p.100) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1317516


Matilde Rafaela Cherner[1], nada en Salamanca en 1833 e finada en Madrid o 15 de agosto de 1880, foi unha escritora e xornalista española. Foi descrita como unha muller «de ideas progresistas e de claras e marcadas conviccións políticas» e unha «republicana federal convencida».[2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Antonia Hernández Luna, natural de Aldeadávila de la Ribera, e de Juan Cherner, natural de San Fernando. Sabía latín e francés. En 1852 publicou o seu primeiro poema en La Revista Salmantina, e entre 1872 e 1873 publicou varios poemas en El Federal Salmantino, se ben nesta época xa vivía en Madrid.[3]

Co pseudónimo de Rafael Luna publicou as novelas Novelas que parecen dramas (1877), Las tres leyes (1878), Ocaso y aurora (1878) e María Magdalena: estudio social (1880), así como gran número de traballos críticos.[5]

Para o teatro escribiu tamén algunhas obras. As pezas Don Carlos de Austria e La Cruz provocaron comunicados e polémicas, ao asegurar a autora que as rexeitaran pór en escena para representar no seu lugar El haz de leña (Gaspar Núñez de Arce, 1872) e Don Rodrigo (Agustín Fernando de la Serna, 1873) de temáticas similares, se ben a denuncia por plaxio non tivo ningunha repercusión.[6] Tamén foi autora dun notable Juicio crítico sobre as Novelas exemplares de Cervantes.

Colaborou na revista madrileña La Ilustración de la Mujer con tres poemas, un relato literario, un estudo sobre a música relixiosa, e unha serie de artigos sobre a situación feminina, publicados co seu propio nome e recollidos baixo o epígrafe de Las mujeres pintadas por sí mismas.[7] Tamén colaborou en La Ilustración Republicana Federal.[8]

Na obra María Magdalena criticou a prostitución legalizada, o que xa fixera nos artigos de La Ilustración.[7] Tratou o tema a través da vida dunha moza abocada a ese mundo e narrada en forma de memorias.[9] A prostituta narra como chegou a ese oficio tan degradante. No prólogo da obra a autora definiuna como naturalista, e ten un carácter máis reflexivo ca descritivo. Cun ton moralizante, fai unha crítica á sociedade que, á vez que as necesita, rexeita as prostitutas.[3][10]

Faleceu no seu domicilio madrileño da rúa de La Palma número 21, por mor dun aneurisma, segundo o parte oficial, o 15 de agosto de 1880.[3][5] No entanto, a súa morte inesperada motivou algúns rumores sobre un posible suicidio como consecuencia da presión pública recibida pola súa denuncia da prostitución.[11]

Ademais das seis novelas publicadas en forma de folletín publicou diversos contos, como El miserere de Doyagüe (1875), de estilo romántico.

  1. "La salmantina que escribía con nombre de hombre" (en castelán). 2020-06-28. Consultado o 2022-07-20. 
  2. Sociedad de Literatura Española del Siglo XIX. Coloquio (2nd : 1999 : Barcelona, Spain) (2002). La elaboración del canon en la literatura española del siglo XIX : (Barcelona, 20-22 de octubre de 1999) (1. ed ed.). Universitat de Barcelona. p. 363-376. ISBN 84-477-0816-0. OCLC 53021566. Consultado o 4 de junio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Sánchez, María de los Ángeles (1998). "Matilde Cherner: una voz femenina y crítica ante la prostitución en la España de 1880" (PDF). ISBN 84-7039-847-4. Consultado o 4 de junio de 2020. 
  4. Segundo a historiadora María del Carmen Simón Palmer en Escritoras españolas del S. XIX. Manual bio-bibliográfico, Castalia. Madrid. 1991.
  5. 5,0 5,1 "'La España moderna' - Año I Número IX (01/09/1889)". pp. 193–194. Consultado o 4 de junio de 2020. 
  6. Biblioteca Nacional de España. "Cherner, Matilde". 
  7. 7,0 7,1 Rodríguez Sánchez, M.ª de los Ángeles. "Matilde Cherner y «La Ilustración de la Mujer»" (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  8. Ramos, María Dolores. Andaluzas en la historia : reflexiones sobre política, trabajo y acción colectiva (Primera edición ed.). p. 25-26. ISBN 978-84-940635-1-0. OCLC 840405243. Consultado o 4 de junio de 2020. 
  9. "Matilde Cherner, la escritora que se adelantó a Galdós" (en castelán). 2022-07-17. Consultado o 2022-07-18. 
  10. "La editorial Espinas rescata una obra de la salmantina Matilde Cherner, invisibilizada hasta hoy" (en castelán). 2022-06-28. Consultado o 2022-08-31. 
  11. "Matilde Cherner, la escritora que denunció la prostitución en España (antes incluso que Galdós)" (en castelán). 2022-07-30. Consultado o 2023-06-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]