Mathis Bolly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mathis Bolly
Mathis-Bolly-2014.jpg
Información persoal
Nome completo Mathis Gazoa Kippersund Bolly
Nacemento 14 de novembro de 1990
Lugar Oslo,
Altura 1.85[1]
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
Holmlia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2012 Lillestrøm 60 (7)
2013–2016 Fortuna Düsseldorf 50 (6)
2014–2016Fortuna Düsseldorf II 3 (2)
2016– Greuther Fürth 0 (0)
Selección nacional
2009 Noruega sub-19 3 (0)
2013– Costa do Marfil 5 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 00:16, 18 de maio de 2016 (UTC)
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 10 de xuño de 2014

Mathis Bolly, nado en Oslo o 14 de novembro de 1990, é un futbolista norueguésmarfilés que xoga como centrocampista co Greuther Fürth.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai marfilés e nai norueguesa, Bolly medrou no barrio de Holmlia en Oslo, e xogou nas seccións inferiores do Lyn, Oppsal e Holmlia antes de fichar polo Lillestrøm en 2008.[2] Fixo o seu debut no primeiro equipo na Tippeligaen contra o Stabæk e xogou dous partidos na súa primeira tempada co club.[3] Na segunda tempada, en 2009, xogou dez partidos na división de honra.[4] Bolly logrou o seu primeiro gol na máxima competición norueguesa nunha vitoria 1–0 contra o Sandefjord o 3 de outubro de 2010.[5] Durante a tempada 2012 marcou catro goles e fixo catro asistencias.[6] Logo aceptou unha oferta do Fortuna Düsseldorf e o 2 de xaneiro de 2013, firmou por tres ano e medio co club alemán.[7]

Debutou na Bundesliga nun enconro contra o Mainz 05 como substituto. No seguinte partido, contra o FC Bayern München o 9 de marzo de 2013, puntuou para o Fortuna Düsseldorf nunha derrota 3–2.[8] E na semana seguinte deulle outro gol ao equipo nun empate 1–1 contra o VfL Wolfsburg.[9] O Fortuna Düsseldorf baixou de categoría na tempada 2012–13 mais Bolly permaneceu co equipo na 2. Bundesliga[10]

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Bolly xogou tres partidos coa selección norueguesa sub-19 en 2009 pero en maio de 2013 o adestrador da selección de Costa do Marfil convocouno para a rolda de clasificación do mundial contra Gambia e Tanzania.[11] Xogou o seu primeiro encontro con Costa do Marfil contra Gambia o 8 de xuño de 2013.[10] O seu segundo partido foi nun amigable contra México en agosto 2013, xogando ao lado de Didier Drogba.[12] Tamén o chamaron para xogar con Costa do Marfil no Mundial de Fútbol Brasil 2014 en Brasil, e debutou nun mundial na segunda parte no partido contra Colombia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bolly, Mathis". kicker.de. 
  2. "Bolly takket nei til spill for Norge". Aftenposten. 27 de maio de 2013. 
  3. "På kanten av gjennombruddet". rb.no. 14 de xaneiro de 2009. 
  4. "Tidenes raskeste norske eliteseriespiller". Aftenposten. 5 de novembro de 2009. 
  5. "Bolly-perle sikret seier til uavgjortspesialistene". VB. 23 de febreiro de 2016. 
  6. "Berg: - Bolly kunne fått mange landskamper for Norge". VG. 18 de maio de 2013. 
  7. "Her er Norges ferskeste Bundesliga-proff". Dagbladet. 2 de xaneiro de 2013. 
  8. "Her scorer Mathis Bolly sitt første Bundesliga-mål mot mektige Bayern München". TV2. 9 de marzo de 2013. 
  9. http://www.tv2.no/sport/fotball/tyskland/her-scorer-mathis-bolly-i-bundesliga-igjen-4009601.html Her scorer Mathis Bolly i Bundesliga igjen. TV 2, 15 de marzo de 2013
  10. 10,0 10,1 "Denne nordmannen er nær VM". Nettavisen. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2016. 
  11. "Bolly sier nei til Norge". TV2. 17 de maio de 2013. 
  12. "På lag med Drogba". rb.no. 15 de agosto de 2013.