Matemática computacional
A matemática computacional é o estudo da interacción entre as matemáticas e os cálculos feitos por un ordenador.[1]
Unha grande parte das matemáticas computacionais consiste aproximadamente en utilizar as matemáticas para permitir e mellorar a computación informática en áreas da ciencia e da enxeñaría onde as matemáticas son útiles. Isto implica, en particular, deseño de algoritmos, complexidade computacional, métodos numéricos e álxebra informática.
A matemática computacional refírese tamén ao uso dos ordenadores para as propias matemáticas. Isto inclúe a experimentación matemática para estabelecer conxecturas (particularmente na teoría de números), o uso de ordenadores para demostrar teoremas (por exemplo, o teorema das catro cores) e o deseño e uso de asistentes de probas.
Áreas da matemática computacional
[editar | editar a fonte]A matemática computacional xurdiu como parte distinta das matemáticas aplicadas a principios da década de 1950. Actualmente, as matemáticas computacionais poden referirse ou incluír:
- Computación científica, tamén coñecida como enxeñería computacional.
- Resolver problemas matemáticos mediante simulación por ordenador en oposición aos métodos tradicionais de enxeñería.
- Métodos numéricos utilizados na computación científica, por exemplo, álxebra linear numérica e solución numérica de ecuacións en derivadas parciais.
- Métodos estocásticos,[2] como os métodos de Monte Carlo e outras representacións da incerteza na computación científica.
- As matemáticas da computación científica, en particular a análise numérica, a teoría dos métodos numéricos.
- Complexidade computacional.
- Álxebra informática e sistemas alxébricos computacionais (CAS), como por exemplo Maxima.
- Investigación asistida por ordenador en varias áreas das matemáticas, como a lóxica (proba automática de teoremas), matemáticas discretas, combinatoria, teoría de números e topoloxía alxébrica computacional.
- Criptografía e seguridade informática, que implican, en particular, investigacións sobre probas de primalidade, factorización, curvas elípticas e matemáticas da cadea de bloques.
- Lingüística computacional, o uso de técnicas matemáticas e informáticas nas linguaxes naturais.
Xornais
[editar | editar a fonte]As revistas que publican contribucións de matemática computacional inclúen
- ACM Transactions on Mathematical Software
- Mathematics of Computation
- SIAM Journal on Scientific Computing
- SIAM Journal on Numerical Analysis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ National Science Foundation, Division of Mathematical Science, Program description PD 06-888 Computational Mathematics, 2006. Consultado en abril de 2007.
- ↑ "NSF Seeks Proposals on Stochastic Systems". SIAM News. August 19, 2005. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2012. Consultado o 2 de febreiro de 2015. Parámetro descoñecido
|url-status=
ignorado (Axuda)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Foundations of Computational Mathematics, organización sen fins lucrativos
- International Journal of Computer Discovered Mathematics