Matías Vecino
(2017) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 24 de agosto de 1991 Canelones | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 81 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Matías Vecino Falero, nado en Canelones o 24 de agosto de 1991, é un futbolista uruguaio que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Celta de Vigo da Primeira División.
Traxectoria en clubs
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Vecino comezou a súa carreira deportiva no Central Español, primeiro nas categorías inferiores e a partir de 2010 no equipo sénior. Na tempada 2011/2012 pasou a formar parte do Club Nacional de Football.
Fiorentina
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2013, Vecino fichou pola ACF Fiorentina da Serie A e asinou un contrato de catro anos que incluía unha prima de traspaso de 2,5 millóns de euros. Con todo, a operación demorouse e fíxose oficial en agosto de 2013.[1] En setembro de 2013, Vecino non foi un dos xogadores incluídos por Vincenzo Montanella na UEFA Europa League 2013-14.[2]
O 26 de setembro de 2013, Vecino debutou na máxima categoría italiana nunha derrota por 2-1 ante o Inter de Milán.[3] Na primeira metada da tempada 2013/14 só contou con seis participacións e unha titularidade, polo que foi cedido ao Cagliari Calcio até final da campaña con opción de compra.[4]
Na tempada 2014/15 comezou unha nova cesión no Empoli.[5] Posteriormente regresou á Fiorentina e pasou a formar parte do cadro regular. En 2016 asinou un novo contrato por cinco tempadas.[6]
Inter de Milán
[editar | editar a fonte]O 31 de xullo de 2017, anunciouse o traspaso de Vecino ao Inter de Milán por unha suma de 24 millóns de euros. A operación fíxose oficial o 2 de agosto e Vecino asinou contrato até xuño de 2021.[7] Debutou o 20 de agosto dese ano nunha vitoria por 3-0 ante o seu antigo equipo, a Fiorentina.[8] Seis días despois, Vecino anotou o seu primeiro gol ante a AS Roma para unha vitoria final por 3-1, a primeira do equipo no Stadio Olimpico tras nove anos.[9][10]
O 20 de maio de 2018, Vecino marcou o gol decisivo nunha vitoria por 3-2 ante a Lazio que permitiu a clasificación do equipo para a Liga de Campións da UEFA despois de seis anos.[11] O 18 de setembro dese ano anotou o gol da vitoria ante o Tottenham Hotspur na máxima competición europea.[12]
Lazio
[editar | editar a fonte]O 1 de agosto de 2022, Matías Vecino asinou un contrato de tres tempadas coa SS Lazio.[13]
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]O 2 de febreiro de 2026 anunciouse a fichaxe de Vecino polo Celta de Vigo até 2027.[14]
Traxectoria internacional
[editar | editar a fonte]Matías Vecino naceu en Canelones (Uruguai) no seo dunha familia de descendencia italiana, con raíces na cidade de Campobasso, polo que contaba coa posibilidade de xogar en ambas as seleccións nacionais.[15] Xogou coa selección de fútbol sub-20 de Uruguai durante o Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 de 2011 e a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2011.[16][17] Vecino anotou o gol que clasificou a selección uruguaia para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.[18]
O 25 de marzo de 2016, Matías Vecino debutou coa selección de fútbol do Uruguai nun partido ante Brasil.[19] En maio de 2018 foi incluído na listaxe provisional para o Mundial de Fútbol de 2018.[20] O 27 de maio de 2024 anunciouse a súa retirada da selección nacional.[21]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Nacional
Inter de Milán
- Serie A: 2020–21[22]
- Copa Italia: 2021–22
- Supercopa Italiana: 2021
- UEFA Europa League: 2019–20 (subcampionato)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ufficiale Fiorentina-Vecino, c'è il transfert". La Gazzetta dello Sport (en italiano) (Milán: RCS MediaGroup). 22 de agosto de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2017.
- ↑ Mugnaini, Massimiliano (3 de setembro de 2013). "FIORENTINA, ECCO LA LISTA UEFA: FUORI REBIC E VECINO" [FIORENTINA, HERE'S THE UEFA LIST: REBIC AND VECINO OUT]. Firenze Post (en italiano). Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ "Internazionale vs. Fiorentina 2 – 1". Soccerway. 26 September 2013. Consultado o 26 September 2013.
- ↑ "Cagliari, ufficiale: arriva Vecino dalla Fiorentina". La Gazzetta dello Sport (en italiano) (Milán: RCS MediaGroup). 29 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2017.
- ↑ "Empoli, ufficiali Laxalt e Vecino". La Gazzetta dello Sport (en italiano) (Milán: RCS MediaGroup). 13 de agosto de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2017.
- ↑ Sullo Stesso Argomento (17 de maio de 2016). Escrito en Florencia. "Calciomercato Fiorentina, è ufficiale: Vecino resta fino al 2021". Corriere dello Sport – Stadio (en italiano) (Roma). Consultado o 26 de novembro de 2017.
- ↑ "Fiorentina: Vecino to Inter". Football Italia (Tiro Media). 31 de xullo de 2017. Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ "INTER 3-0 FIORENTINA" (Nota de prensa). Inter de Milán. 20 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ "ROMA 1-3 INTER" (Nota de prensa). Inter de Milán. 26 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ "ROMA - INTER: ALL YOU NEED TO KNOW" (Nota de prensa). Inter de Milán. 27 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ "Inter Milan will play in the Champions League for the first time since 2012 after a dramatic win at Lazio". BBC (en inglés). 20 de maio de 2018.
- ↑ "Spurs stunned by Matías Vecino's injury-time winner for Inter". The Guardian (en inglés). 18 de setembro de 2018.
- ↑ "Comunicato 01.08.2022". www.sslazio.it (en italiano). 1 de agosto de 2022. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "Celta strengthens its midfield with the experience and quality of Uruguayan international Matías Vecino" (en inglés). Celta de Vigo. 2 de febreiro de 2026. Consultado o 2 de febreiro de 2026.
- ↑ "Fiorentina". 13 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013.
- ↑ FIFA. "FIFA Player Statistics: Matias VECINO". Consultado o 14 de maio de 2023.
- ↑ "15 - Matías Vecino". Asociación Uruguaia de Fútbol. 1 de xuño de 2018. Consultado o 5 de abril de 2021.
- ↑ FIFA. "Uruguay end 84-year drought". 10 de febreiro de 2011. Consultado o 14 de maio 2013.
- ↑ "Brazil vs. Uruguay 2 – 2". Soccerway. 25 de marzo de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2017.
- ↑ "Revealed: Every World Cup 2018 squad - 23-man & preliminary lists & when will they be announced? - Goal.com".
- ↑ "Matías Vecino hizo oficial su despedida de la Selección Uruguaya: "Di todo lo que tenía"" (en castelán). ESPN. 27 de maio de 2024. Consultado o 27 de maio de 2024.
- ↑ "Inter end Juventus' Serie A dominance with first title in 11 years". ESPN (en inglés). 2 de maio de 2021. Consultado o 2 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Matías Vecino Perfil na páxina web da SS Lazio
- Matías Vecino Perfil na páxina web da Asociación Uruguaia de Fútbol
- Nados en 1991
- Nados no Uruguai
- Futbolistas do Uruguai
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da selección de fútbol do Uruguai
- Xogadores do Central Español FC
- Xogadores do Club Nacional de Football
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do Cagliari Calcio
- Xogadores do Empoli FC
- Xogadores do SS Lazio
- Xogadores do ACF Fiorentina
- Xogadores do Celta de Vigo