Matías Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Matías Rodríguez da Torre")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Matías Rodríguez
Datos persoais
Nacemento1973
 Pontevedra
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
ProfesiónMestre
editar datos en Wikidata ]

Matías Rodríguez da Torre, nado en Pontevedra en 1973, é profesor de educación secundaria e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte das candidaturas do BNG no concello pontevedrés de Silleda dende 1999, sendo concelleiro dende o 2009, en substitución de Carmen Fidalgo[1]. Nas eleccións municipais de Galicia de 2011 foi o candidato á alcaldía de Silleda en representación do BNG[2], obtendo unicamente a súa acta. Tralo pacto de goberno firmado co PSOE, asumiu as competencias de cultura, turismo, educación e participación cidadá ata que foi expulsado do goberno en marzo do 2013, pasando á oposición[3]. Nos comicios do 2015, repitiu como candidato á alcaldía polo BNG-Asembleas Abertas[4] e volveu ser elixido concelleiro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]