Masaru Emoto
Nome orixinal | (ja) 江本勝 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de xullo de 1943 Iocoama, Xapón |
Morte | 17 de outubro de 2014 (71 anos) Xapón |
Causa da morte | pneumonía |
Educación | Yokohama City University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina |
Ocupación | ensaísta, escritor |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Emoto, Masaru, 1943-, |
Páxina web | masaru-emoto.net |
Masaru Emoto, nado en Yokohama o 22 de xullo de 1943 e finado en Toquio o 17 de outubro de 2014[1], foi un autor xaponés coñecido polas súas teorías sobre as cristalizacións da auga doce, e as diversas formas que segundo el esta presenta dependendo da súa calidade, mais tamén antes e despois de lle falar, rezar, exporse a música ou a imaxes. Emoto nunca publicou ningún traballo en ningunha revista con comité científico de selección e as súas teorías están consideradas pseudociencia[2][3].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emoto é coñecido por realizar estudos sobre o holismo da auga: como se forman diferentes clases de cristais dependendo de palabras, sons ou imaxes ás que se expón. Nas súas múltiples fotografías de auga conxelada podemos observar figuras hexagonais harmónicas se a auga é moi pura ou se estivo exposta a pensamentos ou voces positivas, imaxes agradábeis ou música harmoniosa.
Segundo Emoto a importancia dos descubrimentos consiste en que os seres humanos temos altas porcentaxes de auga, e o feito de escoitarmos (ou emitirmos) oracións e pensamentos positivos vai mellorar a nosa vida e saúde; polo contrario, oracións e pensamentos negativos non fan máis que mal ao noso corpo, porque iso queda reflectido na auga do noso corpo.
Masaru Emoto participou persoalmente, xunto á súa esposa, no segundo encontro internacional de Ecoloxía da Auga, celebrado en Ourense os días 8, 9 e 10 de setembro de 2006, onde amosou unha especial preocupación pola paz e benestar mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Legendary Water Researcher, Author and Emissary for Peace Dr. Masaru Emoto Passes Away at the age of 71" (en inglés). prweb.com. 20 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2014.
- ↑ Stephen Lower
- ↑ "Kristopher Setchfield". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2019. Consultado o 02 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mensaxes da auga, que está traducido a máis de 33 linguas e ten unha versión para nenas e nenos.
- O poder curativo da auga.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial de Masaru Emoto
- Entrevista a Masaru Emoto en Discovery Salud
- HADO.net/O Mundo da Auga
- Fotos e información de diversas cristalizacións
- Comentarios do diario de Emoto sobre o II Encontro Internacional de Ecoloxía da Auga, celebrado en Ourense[Ligazón morta]
- II Encontro Internacional da Ecoloxía da Auga