Masahiro Hasemi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Masahiro Hasemi
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Japan.svg Xapón
Anos en activo 1976
Escudería(s) Kojima
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Xapón de 1976
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 1976

Masahiro Hasemi (Shinjitai: 長谷見 昌弘 Hasemi Masahiro?, nado o 13 de novembro de 1945, en Tokyo) é un ex-piloto de carreiras e dono dun equipo do Xapón. Comezou a competir en motocrós cando tiña 15 anos. En 1964 fichou para conducir para Nissan. Logo de participar en carreiras de berlinas e GT no Xapón, participou na súa única carreira de Fórmula 1 no Gran Premio do Xapón de 1976 cun Kojima o 24 de outubro de 1976. Cualificou 10º logo dun erro que lle custou a súa oportunidade de lograr unha pole position e terminou 11º, sete voltas detrás do gañador. Notablemente, tamén fixou a volta rápida da carreira. 1.

Hasemi converteuse en campión do Xapón de Fórmula 2 en 1980, e conseguiu dous títulos nas Fuji Grand Champion Series en 1974 e 1980. Gañou o campionato xaponés de coches de turismo en 1989, 1991 e 1992. Tamén gañou o All Japan Sports Prototype Championship en 1990, coa polémica vitoria no Gran Premio de Macau en 1990 e as 24 Horas de Daytona en 1992. Hasemi retirouse da condución en 2001.

Hasemi é o último piloto xaponés en gañar o Gran Premio do Xapón, gañando en 1975, cando era unha carreira fora de Campionato.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados no Campionato do Xapón de Top Formula[editar | editar a fonte]

(clave)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1974 Kojima Engineering SUZ SUZ
1
SUZ
3
SUZ
9
20
1975 Sakai Racing Team FUJ
1
SUZ
1
FUJ SUZ
Ret
45
Kojima Engineering SUZ
5
1976 Kojima Engineering FUJ
5
SUZ FUJ
2
SUZ
2
SUZ
4
52
1977 Kojima Engineering SUZ SUZ MIN SUZ
1
FUJ
3
46
Private Hasemi FUJ
9
SUZ
4
SUZ
9

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Pts
1976 Kojima Engineering Kojima KE007 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN
11
NC 0

Resultados completos na Bathurst 1000[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1981 Australia Nissan Motor Co. Flag of Japan.svg Kazuyoshi Hoshino Nissan Bluebird Turbo 4 Cilindros 66 Ret Ret
1982 Australia Nissan Motor Co. Flag of Japan.svg Kazuyoshi Hoshino Nissan Bluebird Turbo B 153

Volta rápida na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Inicialmente anunciouse que Hasemi lograra a volta rápida no Gran Premio do Xapón de 1976, pero foi un erro de medición, e varios días despois, o circuíto publicou un comunicado de prensa para corrixilo sendo a máis rápido da carreira Jacques Laffite.[1] Este feito é amplamente coñecido no Xapón,[2][3] pero non se coñece ben fóra do Xapón, polo tanto, Hasemi aparece aínda como o poseedor da volta rápida en moitos rexistros de carreiras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. i-dea archives (14 de xaneiro de 2006). "'76 F1イン・ジャパン (1976 F1 World Championship in Japan)". AUTO SPORT Archives 日本の名レース100選 (As 100 mellores carreiras no Xapón) (en Japanese). San-eishobo Publishing Co.,Ltd. p. 77. ISBN 978-4-7796-0007-4. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  2. "Motorsport competition results: 1976 F1 World Championship in Japan" (en Japanese). Japan Automobile Federation. Consultado o 2010-12-17. 
  3. "Archive: 1976 F1 World Championship in Japan" (en Japanese). Nikkan Sports News. 1976-10-25. Consultado o 2010-12-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]