Masacre de Rosewood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O masacre de Rosewood foi unha violenta e racialmente motivada matanza de negros, así coma a destrución dunha poboación afroamericana que aconteceu durante a primeira semana de xaneiro de 1923, no condado rural de Levy, en Florida. Polo menos seis persoas negras e dúas brancas perderon a vida, e o pobo de Rosewood foi abandonado e destruído nunha acción que os medios de tempo chamaron liorta de raza (race riot). Os disturbios de tipo racial eran comúns durante principios do século vinte nos Estados Unidos, e reflectían os rápidos cambios sociais na nación. Florida xa experimentaba un alto número de linchamentos de homes negros nos anos anteriores ao masacre, incluíndo un incidente ben publicitado en decembro de 1922. 


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.