Masa crítica (ciclismo)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A Masa Crítica é un evento ciclista tipicamente celebrado o derradeiro venres de cada mes en máis de 300 cidades ao redor do mundo[1], baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". Trátase dunha "coincidencia organizada" de usuarios de bicicleta que realizan un paseo colectivo pola cidade, sendo un movemento descentralizado, actuando a proposta de calquera dos seus participantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou en San Francisco (Estados Unidos de América) no ano 1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran malas deberían quedar unha vez ao mes para ir todos xuntos. A idea aceptouse rapidamente, na primeira "quedada" xuntáronse 60 e logo dun ano eran máis de 600 e o movemento foi estendéndose en outras cidades.[Cómpre referencia]
O nome de Masa Crítica foi sacado do documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruzamento nas intercesións nas grandes cidades chinesas onde o tráfico de coches era importante e non existían semáforos. Os ciclistas chegaban á intersección e non podían cruzar debido o alto tráfico, pausadamente, máis e máis ciclistas amontoábanse esperando para cruzar a rúa e, cando existe un número suficiente - unha masa crítica - éralles posible moverse todos xuntos para parar o tráfico.
No mundo
[editar | editar a fonte]A Masa Crítica constitúe un movemento a grande escala, descentralizado e popular, polo que é diferente en cada cidade. Existe unha gran variedade de obxectivos, tamaño, interacción cos condutores de automóbiles e intervención da policía.
En Galiza
[editar | editar a fonte]O movemento da Masa Crítica en Galiza naceu en outubro de 2004 coa celebración da primeira masa crítica de Santiago de Compostela, un ano máis tarde comezaría a celebrarse tamén na Coruña, Vigo e recentemente[cando?] en Ourense e Ponteareas. A última en aparecer[cando?] foi a de Pontevedra e Lugo.[Cómpre referencia]
Entre os obxectivos das masas críticas galegas pódese destacar:
- Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
- Crear condicións favorables necesarias para o uso da bicicleta como medio de transporte.
- Promover e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, así como promover a súa compatibilidade e complementariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a todas as usuarias de bicicleta galegas, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas. Celebrouse por primeira vez en setembro do ano 2007, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, logrando reunir a uns 200 participantes polas rúas de Santiago de Compostela.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richard Madden (15 de decembro de 2003). "London: How cyclists around the world put a spoke in the motorist's wheel". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 28 de maio de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masa crítica |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- bicis.info Páxina de ciclousuarios e Masas Críticas galegas.
- Blog da Masa Crítica A Coruña.
- Grupo da Masa Crítica de Vigo no Facebook
- A Masa Crítica de Pontevedra no Facebook