María Seoane Romero
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1981 (43 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
María Seoane Romero, nada en Santiago de Compostela o 27 de xuño[1] de 1981, é unha avogada e expolítica galega do PPdeG[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no colexio Pío XII, no instituto Arcebispo Xelmírez I e despois Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ser diplomada polo Seminario de Estudos de Defensa CESEDEN-USC, con especialización no estudo das guerrillas colombianas.
Traballou coma asesora cultural e para a xestión económica da Fundación Valle–Inclán dende o 2004 ata o 2009.
Afiliouse ó Partido Popular de Galicia con 18 anos e dende entón colaborou en Novas Xeracións, primeiro coma vogal na xunta local de Santiago de Compostela, onde tivo responsabilidades na área de asociacionismo e formación, máis tarde como coordinadora de Muller e Asuntos Sociais de Galicia e dende maio de 2005 como coordinadora xeral. Tamén integra a xunta directiva do PPdeG dende 2006. Accedeu á Presidencia Rexional de Novas Xeracións de Galicia en decembro de 2006, cargo que ostentou ata o ano 2010. Foi membro da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia dende 2006.
Foi membro do Consello da Xuventude de Galicia do 2005 ó 2007, sendo a Secretaria de Ensino e Voluntariado, concelleira do Concello de Santiago de Compostela entre 2007 e 2011 e deputada autonómica polo PPdeG no Parlamento de Galicia dende 2009.
Colaborou na revista dixital Vieiros[3] e mais en Galicia Confidencial[4], e publicou o libro Dona dun verso feito son.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hoy cumplen años". El Correo Gallego. 26 de xuño de 2014.
- ↑ Elisa Álvarez (6 de xaneiro de 2014). "«Me apasiona Churchill»". La Voz de Galicia.
- ↑ "Poder progresista". Vieiros. 22 de xuño de 2007.
- ↑ "O antebrazo de Zapatero". Galicia Confidencial. 21 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de María Seoane no Parlamento de Galicia Arquivado 26 de setembro de 2010 en Wayback Machine.