María Asquerino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Asquerino

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) María Urdiaín Muro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 2013 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlfonso Estela
PaisMariano Asquerino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Eloísa Muro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0039707 Allocine: 123655 Allmovie: p219028 Editar o valor em Wikidata

Dulce Nombre de María Urdiaín Muro,[1] nada en Madrid o 25 de novembro de 1925 e finada na mesma cidade o 27 de febreiro de 2013,[2] foi unha actriz española,[3] coñecida artisticamente como María Asquerino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla dos tamén actores Mariano Asquerino e Eloísa Muro, e debutou sendo nena no Teatro da Comedia. En 1941 debutou no cinema no filme Porque te vi llorar, de Juan de Orduña.

En 1987 publicou un libro de Memorias. En 2009, coincidindo coa estrea do filme Pagafantas, anunciou a súa retirada da profesión. Foi galardoada coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.

Faleceu en 2013, vítima dunha afección pulmonar. O seu funeral organizouno AISGE, debido a que non tiña familiares directos que reclamasen o seu corpo.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Asquerino é considerada unha das grandes intérpretes teatrais españolas, e nese medio obtivo éxitos notábeis con obras como Eloísa está debajo de un almendro (1940), La ciudad alegre y confiada (1951), Un marido de ida y vuelta (1952),[5] Madrugada (1953), Una muchachita de Valladolid (1957), El chico de los Winslow (1958), Esta noche es la víspera (1958), El rey ha muerto (1960), La cornada (1960), Trampa para un hombre solo (1960), Tengo un millón (1960), La bella malmaridada (1962), Epitafio para un soñador (1965), El zapato de raso (1965), Espejo para dos mujeres (1965), Sola en la oscuridad (1967), El sueño de la razón (1970), Anillos para una dama (1973), Motín de brujas (1980), La gaviota (1981),[6] Farsa y licencia de la Reina Castiza (1986), Hipólito (1995), Algún día trabajaremos juntas (1997) e Roberto Zucco (2005).

Cinema[editar | editar a fonte]

Aínda que obtivo un extraordinario triunfo persoal no cinema coa súa interpretación no filme Surcos (José Antonio Nieves Conde, 1951), foi máis importante a súa carreira na escena. Non obstante, traballou con Jaime de Mayora e Camilo José Cela en El Sótano (1949), con Ladislao Vajda en Séptima página, con Antonio Fernández-Román en El sol en el espejo (1963), con Eloy de la Iglesia en Nadie oyó gritar (1973), con Luis Buñuel en Cet obscur objet du désir (1977) e con Fernando Fernán Gómez nalgunhas producións salientábeis como Mambrú se fue a la guerra (1986), El mar y el tiempo (1989) e Fuera de juego (1991).

Tamén participou noutros filmes menos coñecidos como A tiro limpio, de Francisco Pérez-Dolz. Posteriormente, interveu en Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto (Agustín Díaz Yanes, 1995), Muertos de risa (Álex de la Iglesia, 1999) , La comunidad (Álex de la Iglesia, 2000) e Tiovivo c. 1950 (José Luis Garci, 2004).

Premios[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe
1941 Porque te vi llorar Merche
1944 El ilustre Perea
Y tú, ¿quién eres?
Aventura Flora
El hombre que las enamora Diana
1946 El emigrado Marichu
1947 Reina santa Leonora
La sirena negra
Don Quijote de la Mancha Luscinda
1948 Conflicto inesperado María
Extraño amanecer
1949 Don Juan de Serrallonga Juana de Torrellas
¡Olé torero!
El sótano Eva
1950 Pequeñeces... Leopoldina Pastor
Agustina de Aragón Carmen
Don Juan Claudina
Teatro Apolo Elena Ramos
La noche del sábado Condesa
1951 El negro que tenía el alma blanca Luisa Olmos
Séptima página Leonor
Surcos Pili
1952 Facultad de letras Mimí
Hombre acosado Viviana
1953 Hermano menor
Aeropuerto
1954 Manicomio Eugenia
Dos caminos Marcelle
1955 La otra vida del capitán Contreras Paca Revilla
Cancha vasca Begoña
Lo scapolo Catina
1956 Tarde de toros Paloma
La vida en un bloc Calixta / Lupe Tovar
1958 La noche y el alba
1962 Los atracadores Asunción
El último verano Monique
The Balcony of the Moon Amparo Rovira
1963 Operación Embajada Sofía Valcárcel
El sol en el espejo Loli
El juego de la verdad María
1964 A tiro limpio Marisa
Donde tú estés Colette Aurillac
1965 ¡¡Arriba las mujeres!! Doña Gloria
1966 Amador Ana
1967 De cuerpo presente Esposa de Henry
1969 Pepa Doncel
1970 Las gatas tienen frío Menchu
La tonta del bote Engracia
1971 Goya, historia de una soledad Leocadia
Las melancólicas Presidenta da xunta do manicomio
1972 Las colocadas Elena
1973 Venta por pisos Emilia
Nadie oyó gritar Nuria
Separación matrimonial María Eugenia
1977 Pecado mortal Alcira
Cet obscur objet du désir Encarnación - nai de Conchita
La Raulito en libertad Celadora
Marián Ana
1978 Der Tiefstapler Erica Baer
Enigma rosso Miss Graham
1980 Amigo Doña Clemencia
Tierra de rastrojos
La campanada Señora del bar
El gran secreto Dolores
1986 Mambrú se fue a la guerra Florentina
1989 El mar y el tiempo Marcela
1990 Yo soy ésa Xogadora
1991 Fuera de juego Sor María
1993 Tres palabras Gloria
1995 Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto Esperanza
1996 A tiro limpio Clienta
Fotos Madre Azucena
1998 ¡Eureka! Madre
1999 Muertos de risa Madre Radical
2000 La comunidad Encarna
2003 Hotel Danubio Tía Ángela
2004 Tiovivo c. 1950 Doña Justa
2009 Pagafantas Señora Begoña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrológica Madridiario - Febrero 2013
  2. María Asquerino se retira a los 83 años: "Hasta aquí hemos llegado
  3. "Revista de Actores". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2013. Consultado o 03 de marzo de 2013. 
  4. "Vanitatis". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  5. ABC, ed. (19 de marzo de 1952). "Reposición en el Teatro Infanta Isabel de la comedia de Jardiel Poncela "Un marido de ida y vuelta"". Consultado o 29 de abril de 2011. 
  6. ABC, ed. (2 de xaneiro de 1982). "La gaviota, de Chejov, a la manera sabida". 
  7. "Premios del CEC a la producción española de 1970". Círculo de Escritores Cinematográficos. Madrid. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]