Maryam Mirzakhani
Maryam Mirzakhani | |
---|---|
![]() Maryam Mirzakhani en 2014. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 3 de maio de 1977 |
Lugar | Teherán ![]() |
Falecemento | 15 de xullo de 2017 (40 anos) |
Lugar | Palo Alto, California, ![]() |
Causa | Cancro de mama |
Nacionalidade | ![]() |
Cónxuxe | Jan Vondrák |
Actividade | |
Campo | Matemáticas |
Alma máter | Universidade Sharif de Tecnoloxía (BS) Universidade Harvard |
Tese | Simple geodesics on hyperbolic surfaces and the volume of the moduli space of curves (2004)[3] |
Director de tese | Curtis T. McMullen[4][5] |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Blumenthal (2009) Premio Satter (2013) Clay Research Award (2014) Medalla Fields (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Maryam Mirzakhani (en persa: مریم میرزاخانی) nada en Teherán o 12 de maio de 1977[6] e finada en Palo Alto (California) o 15 de xullo de 2017 foi unha matemática iraniana,[1][7] profesora de matemáticas na Universidade Stanford.[8][9][10] Os seus campos de traballo incluíron a teoría de Teichmüller, a xeometría hiperbólica, a teoría ergódica e a xeometría simpléctica.[1]
O 13 de agosto de 2014, Mirzakhani converteuse na primeira muller e a primeira persoa iraniana en recibir a medalla Fields, o premio máis prestixioso das matemáticas.[11][12] O comité do premio citou o seu traballo na "dinámica e a xeometría das superficies de Riemann e os seus espazos módulo".[13]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mirzakhani asistiu en Teherán á escola Farzanegan, que formaba parte da Organización Nacional para o Desenvolvemento de Talentos Excepcionais.
En 1994 gañou a medalla de ouro na Olimpíada Matemática Internacional, primeira estudante iraniana en conseguilo. Na seguinte edición converteuse na primeira iraniana en conseguir unha puntuación perfecta e en gañar dúas medallas de ouro.[14][15]
Obtivo o seu grao en matemáticas en 1999 na Universidade Sharif de Tecnoloxía de Teherán. Marchou aos Estados Unidos para continuar o seu traballo, logrando o doutoramento na Universidade Harvard en 2004, traballando baixo a supervisión do gañador da medalla Fields Curtis McMullen. En 2004 acadou unha colaboración no Instituto Clay de Matemáticas e como profesora na Universidade de Princeton.[16]
Mirzakhani fixo varias contribucións á teoría de espazos módulo sobre superficies de Riemann. Nos primeiros traballos, Mirzakhani descubriu unha fórmula para expresar o volume dun espazo módulo cun genus dado como polinomio en función do número de compoñentes de fronteira. Isto levouna a obter unha nova demostración para a fórmula descuberta por Edward Witten e Maxim Kontsevich sobre os números de intersección das clases tautolóxicas sobre espazos módulo,[8] ademais dunha fórmula asintótica para o crecemtne do número de xeodésicas pechadas sobre unha superficie hiperbólica compacta, xeneralizando o teorema das tres xeodésicas para superficies esféricas.[17] O seu traballo seguinte centrouse na dinámica de Teichmüller sobre espazos módulo. En particular, probou a conxectura de William Thurston.[18]
A Mirzakhani foille concedida a medalla Fields en 2014 pola "súa extraordinaria contribución á dinámica e á xeometría das superficies de Riemann e os seus espazos módulo"[19] , converténdose na única muller que a posúe até hoxe[20]. O premio foi recibido en Seúl durante o Congreso Internacional de Matemáticas.[21] O presidente Hassan Rouhani felicitouna.[22]
Dende 2019, o 12 de maio celébrase o Día das Mulleres Matemáticas, para conmemorar o nacemento de Maryam Mirzakhani.[23]
Vida privada[editar | editar a fonte]
En 2013, a Mirzakhani diagnosticáronlle cancro de mama.[24] Tras catro anos estendéuselle á medula ósea[25] e faleceu o 15 de xullo de 2017.[26]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mirzakhani, Maryam. "Curriculum Vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24-11-2005. Consultado o 13-8-2014.
- ↑ Valette, Alain. "The Fields Medalists 2014" (PDF). Neuchâtel, Switzerland: Institut de mathématiques, Université de Neuchâtel. Consultado o 15-7-2017.
- ↑ Tese
- ↑ Mirzakhani, Maryam. "Curriculum Vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29-08-2008. Consultado o 12-8-2014.
- ↑ Jonathan, Webb (2014). "First female winner for Fields maths medal". BBC News. Consultado o 13-8-2014.
- ↑ "12 de Mayo, Día Internacional de la Mujer Matemática". www.divulgamat.net. Consultado o 2022-06-22.
- ↑ Maryam Mirzakhani, first woman to win maths' Fields Medal, dies (en inglés)
- ↑ 8,0 8,1 Mirzakhani, Maryam (2007). "Weil-Petersson volumes and intersection theory on the moduli space of curves" (PDF). Journal of the American Mathematical Society 20: 1–23. MR 2257394. doi:10.1090/S0894-0347-06-00526-1.
- ↑ Mirzakhani, Maryam (Xaneiro 2007). "Simple geodesics and Weil-Petersson volumes of moduli spaces of bordered Riemann surfaces". Inventiones Mathematicae (Springer-Verlag) 167 (1): 179–222. ISSN 1432-1297. doi:10.1007/s00222-006-0013-2.
- ↑ "Report of the President to the Board of Trustees". Universidade Stanford. 9-4-2008. Consultado o 12-8-2014.
- ↑ "President Rouhani Congratulates Iranian Woman for Winning Math Nobel Prize". Fars News Agency. 14-8-2014. Arquivado dende o orixinal o 26-12-2018. Consultado o 14-8-2014.
- ↑ "IMU Prizes 2014". International Mathematical Union. Arquivado dende o orixinal o 26-12-2018. Consultado o 12-8-2014.
- ↑ Sample, Ian (13-8-2014). "Fields Medal mathematics prize won by woman for first time in its history". the Guardian. Consultado o 9-6-2016.
- ↑ "Iranian woman wins maths' top prize". New Scientist. 12-8-2014. Consultado o 13-8-2014.
- ↑ Newhall, Marissa (13-9-2005). "'Brilliant' minds honored: Maryam Mirzakhani". USA Today.
- ↑ "Mirzakhani, Maryam". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2017.
- ↑ Mirzakhani, Maryam (2008). "Growth of the number of simple closed geodesics on hyperbolic surfaces". Annals of Mathematics 168 (1): 97–125. MR 2415399. Zbl 1177.37036. doi:10.4007/annals.2008.168.97.
- ↑ Mirzakhani, M. (2008). "Ergodic Theory of the Earthquake Flow". International Mathematics Research Notices 2008. MR 2416997. doi:10.1093/imrn/rnm116.
- ↑ "IMU Prizes 2014 citations". International Mathematical Union. Arquivado dende o orixinal o 12-08-2014. Consultado o 12-8-2014.
- ↑ Martínez Ahrens (Jan). "Maryam Mirzakhani, la primera mujer con una Medalla Feilds de matemáticas". Consultado o 02-09-2017.
- ↑ Stanford's Maryam Mirzakhani wins Fields Medal, Bjorn Carey, Stanford.edu, Retrieved 12-8-2016
- ↑ "President hails Prof Mirzakhani, winner of topmost world math prize". Official Site of the President of The Islamic Republic of Iran. 13-8-2014. Consultado o 19-8-2014.
- ↑ "12 de Mayo, Día Internacional de la Mujer Matemática". www.divulgamat.net. Consultado o 2022-06-22.
- ↑ Iranian math genius battles cancer recurrence at US hospital (en inglés)
- ↑ France-Presse, Agence. "Sorrow as Maryam Mirzakhani, the first woman to win mathematics' Fields Medal, dies aged 40". The Telegraph. Consultado o 15-7-2017.
- ↑ "Maryam Mirzakhani "died" (en persa). Mehr news Agancy. 15-7-2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maryam Mirzakhani ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2
- Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88–91. ISBN 978-84-9043-882-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carey, Bjorn (12-8-2014). "Stanford's Maryam Mirzakhani wins Fields Medal". Stanford News. Consultado o 13-8-2014.
- "Maryam Mirzakhani's work on Riemann surfaces explained in simple terms". Matific. 14-8-2014. Consultado o 18-8-2014.