Mary Wortley Montagu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Wortley Montagu

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Mary Montagu Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Pierre Editar o valor em Wikidata
15 de maio de 1689 Editar o valor em Wikidata
Nottingham Editar o valor em Wikidata
Morte21 de agosto de 1762 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Nottingham Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra
Reino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e actividade literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexploradora , editora literaria , dramaturga , poeta , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDama Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEdward Wortley Montagu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMary Stuart (pt) Traducir, Edward Wortley Montagu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEvelyn Pierrepont, 1.° Duque de Kingston-upon-Hull (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Feilding (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsWilliam Pierrepont, Earl of Kingston (en) Traducir, Evelyn Pierrepont (en) Traducir e Frances Pierrepont (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 46f79abf-c179-4db3-b7c0-968f1775805e WikiTree: Pierrepont-68 Editar o valor em Wikidata
Mary Wortley Montagu

Lady Mary Mortley Montagu, nada en Thoresby, Nottingham, en 1689, foi bautizada o 26 de maio en St. Paul, Covent Garden, Londres,[1] e finou o 21 de agosto de 1762. Foi unha aristócrata inglesa escritora (de cartas e poeta). Sendo embaixadora de Inglaterra en Constantinopla, tivo noticia da vacinación contra a varíola, un método preventivo que era empregado en Turquía dun xeito rudimentario, introducíndoo en 1718 no Reino Unido.

Orixe[editar | editar a fonte]

Nada como Mary Pierrepont, foi a filla máis vella de Evelyn Pierrepont, 1º Duque de Kingston-upon-Hull (c.16551726), coa súa primeira muller Mary Fielding (morta en 1692). Tivo tres irmáns máis novos, dúas nenas e un neno.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Ós sete anos, foi elixida polo Kit-Cat Club par honrar a beleza da estación, gravando o seu nome en vidro para conmemoralo.[2] Estivo ó coidado d súa avoa paterna ata que morreu, tendo Mary nove anos, pasando entón ó coidado do seu pai. As posesións familiares eran extensas, incluíndo Thoresby Hall e Holme Pierrepont Hall en Nottinghamshire e unha casa en West Dean en Wiltshire. Lady Mary usou a biblioteca de Thoresby Hall para autoimpulsar a súa educación, aprendendo por si mesma o Latín, que na época estaba reservado á aprendizaxe dos homes. Cara a 1705, tiña escrito dous álbums con poesía, unha novela epistolar breve e un romance en prosa e verso ó modo de Voyage to the Isle of Love (1684), de Aphra Behn. Asemade, carteábase con dous bispos, Thomas Tenison e Gilbert Burnet.[3]

Mantivo unha estreita amizade con Mary Astell, loitadora polos dereitos da muller, e con Anne Wortley Montagu, neta de Edward Montagu, I conde de Sandwich. Con Anne mantivo unha animada correspondencia, mais as cartas de Anne adoitaban ser copias de escritos do seu irmán, Edward Wortley Montagu.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Trala morte de Anne en 1709 a correspondencia entre Edward e Lady Mary continuou sen intermediarios. O pai, agora Marqués de Dorchester, rexeitou a Wortley Montagu como xenro, ao negarse a vincular os seus bens a un posible herdeiro. Rompéronse as negociacións e cando Lord Dorchester insistiu noutro matrimonio para a súa filla, Edward e Mary fuxiron (1712). Os primeiros anos de matrimonio tivo unha vida retirada no campo. O seu marido era membro do Parlamento inglés por Westminster dende 1715, e pouco despois foi nomeado Lord Commissioner do Tesouro. Cando Lady Mary se reuniu con el en Londres, pronto o seu enxeño e beleza convertérona nunha destacada figura da corte.

En Constantinopla[editar | editar a fonte]

Pronto (1716) Wortley Montagu foi nomeado embaixador ante a Sublime Porta (Imperio Otomán). Lady Mary acompañouno na súa viaxe, no que tiveron oportunidade de pasar por Viena e Adrianópolis antes de chegar a Constantinopla. A embaixada foi breve, foi chamado de volta en 1717, pero o matrimonio permaneceu naquela cidade ata 1718. A historia desta viaxe e as súas observacións da vida en Oriente cóntanse nas Cartas da Embaixada Turca (Turkish Embassy Letters), unha serie de cartas vivaces e cheas de descricións gráficas; adóitanse considerar como inspiración das seguintes viaxeiras/escritoras e tamén de boa parte da produción artística que se engloba no concepto de orientalismo.

Varíola[editar | editar a fonte]

Do Imperio Otomán, Lady Mary (que na súa propia pel amosaba as cicatrices da varíola, e vira morrer ao seu irmán por ela) trouxo á súa volta a Inglaterra a práctica da variolización como profilaxe contra a enfermidade. Fixo inocular aos seus propios fillos, e enfrontouse aos poderosos prexuízos que había contra tal práctica, de xeito que foi precursora da vacinación, que de modo científico poñería en marcha en 1796 Edward Jenner.

Polémica con A. Pope[editar | editar a fonte]

Antes de saír cara oriente coñecera a Alexander Pope, e durante a súa ausencia, el escribiulle unha serie de cartas extravagantes, que foron esencialmente exercicios de erótica epistolar sen contido real. Intercambiáronse moi poucas cartas entre eles trala volta a Inglaterra, téndose suxerido varias razóns para o subseguinte extrañamento e violenta discusión. A última das cartas durante a embaixada en Constantinopla diríxese a Pope cun contido que parece terse escrito en Dover o 1 de novembro de 1718. Contén unha parodia do Epitaph on the Lovers struck by Lightning de Pope (Epitafio sobre os amantes golpeados polo lóstrego).

A colección manuscrita destas cartas foi divulgada entre un círculo considerable de lectores, e Pope puido terse sentido ofendido por tal circulación coa sátira da que era obxecto. Tamén se atribuíu o feito a celos da súa amizade con Lord John Hervey, pero Lady Louisa Stuart indicou que Pope fixera a Lady Mary unha declaración de amor, que esta recibira cun estalido de risa. Mary sempre reclamou a súa inocencia en relación a calquera clase de ofensa pública. É aludida en Dunciad («Duncíada» ou «Tonteríada») nun pasaxe no que Pope se esmera nunha das súas notas insultantes. Pénsase que A Pop upon Pope é obra de Mary Montagu, e Pope pensou que tamén ela fora un dos autores de One Epistle to Mr A. Pope («Unha epístola ao Sr. A. Pope», 1730).

A páxina de título de "The Letters and Works of Lady Mary Wortley Montagu", (1837)
A páxina de título de "The Letters and Works of Lady Mary Wortley Montagu", (1837)

Pope atacouna unha e outra vez, pero con especial violencia nun pareado de grosa linguaxe na súa imitación da Primeira Sátira do Segundo Libro de Horacio, na que aparece Lady Mary na figura de Safo. Esta solicitou a unha terceira persoa que se queixase ante el, e recibiu a obvia resposta de que Pope non podía prever que ela ou calquera outra persoa se consideraran aludidas con semellante insulto aplicado a si mesma. Verses addressed to an Imitator of Horace by a Lady («Versos dirixidos a un imitador de Horacio», por unha dama, 1733), unha réplica difamatoria a estes ataques, atribúese generalmente ao traballo conxunto de Lady Mary e o seu aliado Lord Hervey. Mary mantivo unha correspondencia romántica cun francés chamado Rémond, quen lle dirixiu unha serie de cartas excesivamente galantes antes de tela visto. Ela investiu unha suma de diñeiro para el, seguindo o seu consello e a risco deste, segundo quedou expresamente disposto, na South Sexa Bubble, unha «burbulla» financeira que fixo caer o investimento á metade do seu valor. O francés intentou recuperar a suma orixinal como débeda, baixo ameaza de mostrar a correspondencia ao seu marido. Lady Mary pareceu alarmarse realmente, non tanto pola imputación de galantería, senón pola posibilidade de que o seu marido descubrise o alcance das súas propias especulacións monetarias. A isto parece referirse a segunda metade da frase de Pope «Who starves a sister, or forswears a debt» (Epilogue to the Satires, 113; «Quen se priva dunha irmá, ou renuncia a unha débeda», Epílogo ás Sátiras), mentres que a primeira acusación está desprovista de fundamento. De feito, ela intentou rescatar á súa irmá favorita, a condesas de Mar, que estaba mentalmente exasperada, da custodia do seu cuñado, Lord Grange, quen trataba á súa propia muller con notoria crueldade e a calumniaba.

Separación[editar | editar a fonte]

En 1739 deixou ao seu marido e continuou coa súa propia vida, e aínda que seguiron escribíndose afectuosamente, nunca máis se atoparon. En 1740 visitou a Horace Walpole en Florencia, quen abrigaba cara a ela un gran rancor, e esaxeraba as súas excentricidades nunha confusa mestura (véxanse as súas «Cartas», Letters, ed. Cunningham, i. 59). Mary foi cambiando de lugar de residencia: Aviñón, Brescia, Lovere (Lago Iseo). Estaba desfigurada por unha dolorosa enfermidade da pel, e os seus sufrimentos eran tan agudos que temía a posibilidade de caer na tolemia. Sufriu unha aguda crise mentres visitaba á condesa Palazzo e aos seus fillos, e quizais a súa condición mental fixo necesaria a diminución do ritmo da súa vida social. Cunha idade de sesenta e tres anos, a escandalosa interpretación que deste feito fai Horace Walpole pode descartarse con seguridade.

O seu marido acumulou diñeiro durante os seus últimos anos, e dicíase que á súa morte (1761) reunira unha suma millonaria. A súa extrema tacañería é satirizada nas antes citadas Imitations of Horace de Pope (segunda sátira do segundo libro), no retrato de Avidieu e a súa muller. A súa filla Mary, Condesas de Bute, cuxo marido era por entón Primeiro Ministro, rogoulle que volvese a Inglaterra. Lady Mary chegou a Londres para morrer o mesmo ano do seu regreso, o 21 de agosto de 1762. O seu fillo Edward Wortley Montagu, foi tamén un escritor e viaxeiro.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The complete letters of Lady Mary Wortley Montagu, 3 vol.s, editado por Robert Halsband, Oxford: Clarendon Press, 1965-67.
  • Romance Writings, editado por Isobel Grundy, Oxford: Clarendon Press, 1996.
  • Essays and Poems and Simplicity, a Comedy, editado por Isobel Grundy, Oxford: Clarendon Press, 1977, revised 2nd 1993.

En España téñense publicado as Cartas desde Estambul, La Línea del Horizonte Ediciones. Madrid, 2017. ISBN 84-15958-59-8

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grundy, Isobel (1999). Lady Mary Wortley Montague. Oxford University Press. p. 5. 
  2. Bradley, Rose (1912). The English Housewife in the Seventeenth & Eighteenth Centuries. Londres: E. Arnold. p. 205. 
  3. Oxford. Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 2012-01-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]