Mary Walton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mary Walton foi unha inventora estadounidense, que desenvolveu o seu traballo a finais do século XIX.

En 1879 desenvolveu un método para deflectar as emisións de fume a través de tanques de auga, adaptándoo despois ás locomotoras. Esta inventora neoiorquina patentou asemade un aparello para atallar o intolerable ruído do traqueteo producido polos novos trens elevados que estaban a ser instalados nas grandes cidades estadounidenses, vendendo despois os dereitos ao metro de Nova York. Consistía nun sistema de rebaixe sonoro que apoiaba os raís nunha caixa de madeira con algodón e rechea despois de area.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

A ciencia ten nome de muller