Mary Walker
Mary Walker | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de novembro de 1832 |
Lugar de nacemento | Oswego |
Falecemento | 21 de febreiro de 1919 |
Lugar de falecemento | Oswego |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Geneva Medical College |
Ocupación | abolicionista e activista polos dereitos das mulleres |
Premios | Medalla de Honra e National Women's Hall of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mary Walker, nada en 1832 e finada en 1919, foi unha personalidade estadounidense da medicina.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada no estado de Nova York, graduouse no Colexio Médico de Siracusa no 1855. Estableceuse e casou con Albert Miller, non adoptando a apelido do seu marido en contra do costume. Déronlle unha medalla ó honor do Congreso en 1866 pola súa actividade prestando servizos de cirurxía durante a guerra civil estadounidense, sendo a única muller e único civil en recoñecérselle e debido ó seu arriscado comportamento, atendendo a feridos de ambos bandos. Con posterioridade, en 1917, fóille retirada ó converterse en sufraxista e defender os dereitos das mulleres. Nun xesto en liña coas súas ideas, negouse a devolvela, levándoa consigo ata a súa morte e séndolle con posterioridade devolto o honor polo Presidente Jimmy Carter.
Durante a súa vida loitou contra as malas influencias do tabaco e o alcohol. Foi autora de diversos escritos, incluído un traballo semi-autobiográfico. A súa efixie aparece en diversos sellos do US postal Service.
Non fixo descubrimentos nin investigación recoñecida, pero a súa actuación como médico marcou un fito dentro dos servizos prestados polas mulleres nesta ciencia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)