Saltar ao contido

Mary Pierce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Pierce

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Caroline Pierce Editar o valor en Wikidata
15 de xaneiro de 1975 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Montreal Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSarasota Editar o valor en Wikidata
EducaciónAmerican School of Correspondence (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso68 Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1989–) Editar o valor en Wikidata
Período de actividademarzo de 1989 Editar o valor en Wikidata -
Patrimonio estimado9.793.119 $ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres
dobres mixto Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro  e revés a dúas mans Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 511–237 Editar o valor en Wikidata  18 Editar o valor en Wikidata 3 (1995)
Tenis dobres 197–116 Editar o valor en Wikidata 10 Editar o valor en Wikidata 3 (2000)
Hall of fame Info HOF Editar o valor en Wikidata
WTA Info WTA Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- França na Fed Cup
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmarypierce.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1942441 Instagram: marypierce_75 Olympics.com: mary-pierce Editar o valor en Wikidata

Mary Pierce, nada en Montreal (Canadá) o 15 de xaneiro de 1975, é unha tenista profesional francesa. Alcanzou seis finais individuais nos torneos de Grand Slam durante a súa carreira, gañando dous títulos. Tamén gañou dous torneos de Grand Slam de dobres. Grazas á súa figura estilizada e grande estatura, ás veces actuou como modelo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pierce naceu en Montreal mentres a súa nai francesa, Yannick Adjaj, e o seu pai estadounidense, Jim Pierce, estaban de viaxe na cidade; polo tanto, a pesar de nacer no Canadá, nunca residiu nese país durante longos períodos, senón que se criou nos Estados Unidos. Como consecuencia, foi recoñecida como cidadá dos Estados Unidos, o Canadá e Francia. En torneos internacionais representou a Francia.

Pierce comezou no tenis á idade de 10 anos[1] por iniciativa do seu pai. Só dous anos despois gañou o título nacional dos Estados Unidos na categoría sub-12. En 1989 converteuse na tenista estadounidense máis nova en debutar no tour profesional á idade de 14 anos e 2 meses.[2][3]

En 1994, Pierce xogou a súa primeira final de Grand Slam, no torneo de Roland Garros, dun xeito notable. Foi a primeira xogadora en chegar á cuarta rolda ao perder só dous partidos nos seus partidos. No momento da final só perdera 10 xogos, incluído un sólido 6-2, 6-2 ante a que entón era a indiscutible número un, Steffi Graf nas semifinais. Na final perdeu por 6-4 e 6-4 ante Arantxa Sánchez Vicario.[4]

En 1995, Pierce gañou o seu primeiro título de Grand Slam ao derrotar a propia Sánchez Vicario por 6-3 e 6-2 na final do Aberto de Australia. Ese ano alcanzou o seu máximo posto na clasificación da WTA, o número 3.

En 1997, Pierce volveu xogar a final do Aberto de Australia, mais perdeu contra Martina Hingis por un dobre por 6-2. Tamén perdeu a final dos WTA Tour Championships dese ano con Jana Novotná. Pierce foi membro do equipo francés que gañou a Fed Cup en 1997.

Pierce gañou o seu segundo título de individual de Grand Slam e o seu primeiro de dobres no Aberto de Francia no 2000. Na final de individuais derrotou a Conchita Martínez por 6-2 e 7-5 e converteuse na primeira francesa en gañar o título desde Françoise Durr en 1967.[5][6] Xogando dobres con Martina Hingis coroouse nesta categoría (a parella xa xogara a final no Aberto de Australia a principios do mesmo ano).

Pierce axudou a gañar a selección francesa a Fed Cup por segunda vez en 2003.[7] En 2004, Pierce gañou o seu primeiro título desde o 2000, no torneo de 's-Hertogenbosch, acadando así 16 títulos individuais.

Finais de Grand Slam

[editar | editar a fonte]

Individuais: 6 (2 títulos)

[editar | editar a fonte]
Resultado Ano Campionato Superficie Rival Marcador
Finalista1994Aberto de FranciaTerraEspaña Arantxa Sánchez Vicario4–6, 4–6
Gañadora1995Aberto de AustraliaDuraEspaña Arantxa Sánchez Vicario6–3, 6–2
Finalista1997Aberto de AustraliaDuraSuíza Martina Hingis2–6, 2–6
Gañadora2000Aberto de FranciaTerraEspaña Conchita Martínez6–2, 7–5
Finalista2005Aberto de FranciaTerraBélxica Justine Henin1–6, 1–6
Finalista2005Aberto dos Estados UnidosDuraBélxica Kim Clijsters3–6, 1–6

Dobres: 2 (1 título)

[editar | editar a fonte]
Resultado Ano Campionato Superficie Parella Rivais Marcador
Finalista2000Aberto de AustraliaDuraSuíza Martina Hingis Lisa Raymond
Australia Rennae Stubbs
4–6, 7–5, 4–6
Gañadora2000Aberto de FranciaTerraSuíza Martina HingisEspaña Virginia Ruano Pascual
Paola Suárez
6–2, 6–4

Dobres mixtos: 1 (1 título)

[editar | editar a fonte]
Resultado Ano Campionato Superficie Parella Rivais Marcador
Gañadora2005WimbledonHerbaIndia Mahesh BhupathiUcraína Tatiana Perebiynis
Australia Paul Hanley
6–4, 6–2
  1. Morley, Gary (5 de xuño de 2015). "French Open 2015: Mary Pierce - Finding salvation at Roland Garros". CNN.
  2. Scheiber, Dave (7 de maio de 1990). "TOO MUCH, TOO YOUNG". vault.si.com (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2021.
  3. Este récord foi batido ao ano seguinte por Jennifer Capriati.
  4. "Mary Pierce playing activity for 1994". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009.
  5. Clarey, Christopher (11 de xuño de 2000). "With Victory, Pierce Finally Finds Herself at Home in Paris". The New York Times.
  6. Wertheim, L. Jon (19 de xuño de 2000). "Hail Mary The prayers of a more devout Mary Pierce, not to mention those of long-suffering French fans, were finally answered in Pari". www.si.com. Sports Illustrated.
  7. "France dispatches United States in Fed Cup final". USA Today. 23 de novembro de 2003. Consultado o 2 de setembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]