Mary Edwards

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Edwards
Biografía
Nacemento1750 Editar o valor em Wikidata
Morte1815 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática , astrónoma , computadora humana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEliza Edwards Editar o valor em Wikidata

Mary Edwards, nada arredor de 1750 e finada en setembro de 1815, foi unha calculadora humana que traballou para o British Nautical Almanac e foi unha das poucas mulleres pagadas directamente polo Board of Longitude, o que lle permitiu gañar a vida como científica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edwards unha das 35 calculadoras humanas que calcularon a posición do sol, da lúa e dos planetas en horas diferentes do día para os almanaques náuticos anuais empregados na navegación marítima.[2]

Edwards entrou no proxecto do almanaque grazas ao seu marido. John Edwards (c 1748–1784) traballara en tempo parcial como calculador para complementar os ingresos familiares e recibiu pago polo seu traballo de seis meses por cada un dos almanques de 1773 ata a súa morte en 1784. Sábese que Mary Edwards fixera moitos dos cálculos cando escribiu ao astrónomo real Nevil Maskelyne para preguntar se podería continuar ela co traballo para apoiala a ela e as súas fillas após a morte do seu marido.[3][4][5]

Co tempo, a súa reputación, coñecida pola fiabilidade e precisión significou que podía ter máis traballo. Continuou até a súa morte en 1815.[6] A súa filla, Eliza (1779-1846), tamén traballou como calculadora, inicialmente axudando dende unha idade nova e independentemente após a morte da súa nai en 1815. Continuou a traballar para o Nautic Almanac até 1832, cando os traballos de cálculo foron centralizados en Londres.[7]

O planeta menor 12627 Maryedwards foi nomeado na súa honra.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Croarken, Mary (October–December 2003). "Mary Edwards: Computing for a Living in 18th-Century England.". IEEE Annals of the History of Computing 25 (4): 9–15. doi:10.1109/MAHC.2003.1253886. Consultado o 19 October 2012. 
  2. "Palimpsests, patronage and (negative) publicity in a Maskelyne cache". Board of Longitude project blog. Royal Museums Greenwich. 7-8-2012. Arquivado dende o orixinal o 29-10-2013. Consultado o 19-10-2012. 
  3. Pain, Stephanie (13-3-2004). "Lady of longitude". New Scientist 181 (2438). ISSN 0262-4079. 
  4. Higgitt, Rebekah. "Longitude, ladies and computers". The Board of Longitude project blog. Consultado o 19-10-2012. 
  5. Edwards, Mary. "Correspondence [with the Board of Longitude] concerning petitions of Mary Edwards for remuneration in consideration of her past services". Cambridge Digital Library. Consultado o 2-5-2015. 
  6. "Papers of Nevil Maskelyne". Royal Greenwich Observatory Archives. Consultado o 19-10-2012. 
  7. Croarken, Mary (2014). Higgitt, Rebekah, ed. Maskelyne: Astronomer Royal. Londres: Robert Hale Ltd. p. 150. 
  8. Lutz D. Schmadel, Dictionary of Minor Planet Names: Sixth Revised and Enlarged Edition (Heidelberg [etc.]: Springer, 2012), p. 823.