Mary Decker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Decker

(1982) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Flemington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado
Orange High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura168 cm Editar o valor em Wikidata
Peso51 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista , mediofondista , atleta Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorrida de meia-distância (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1997Campeonato Mundial de Atletismo em Pista Coberta de 1997 (pt) Traducir
1996Xogos Olímpicos de 1996
1988Xogos Olímpicos de 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984
agosto de 1983Campeonato Mundial de Atletismo de 1983 (pt) Traducir
1979Jogos Pan-Americanos de 1979 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRichard Slaney (1985–)
Ron Tabb (1981–1983), divorcio
Premios

IAAF: 14321414 Editar o valor em Wikidata

Mary Teresa Slaney, nada como Decker en Bunnvale o 4 de agosto de 1958, é unha ex-atleta medio-fondista estadounidense. Campioa mundial en Helsinqui 1983 nas probas de 1500 m e 3000 m, conseguiu 17 marcas mundiais oficiais, ou non, na súa carreira.[1]

Sufriu de síndrome compartimental que a arredou dos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976. Recuperada tras cirurxía, venceu a proba dos 1500m nos Xogos Panamericanos de San Xoán de 1979.

Olimpíadas[editar | editar a fonte]

Era a favorita nas súas probas nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984. Nos 3000m colidiu coa rival surafricana Zola Budd e caeu. Non conseguiu erguerse de novo, nin disputar posteriormente a proba de 1500m.

Participou posteriormente nos Xogos de Seúl de 1988 sendo a portabandeira da delegación estadounidense na abertura. Nas probas, porén, non obtivo éxito. Non se clasificou para Barcelona 1992

Atlanta 1996 e polémica[editar | editar a fonte]

Conseguiu clasificarse para Atlanta 1996 nos 5000 m, mais viuse envolta nunha polémica no seu exame antidopaxe preolímpico. A mostra de urina presentou testosterona por epitestosterona (razón T/E) maior que o máximo permitido.

Decker e os seus avogados argumentaron que a razón T/E sería dubidosa para mulleres, especialmente en mulleres con máis de trinta anos, ou que facían uso de pílulas anticoncepcionais. Na pista, Mary non pasaría das probas clasificatorias.

En xuño de 1997, foi proscrita das competicións pola IAAF, mais a USATF - Federación de Atletismo Americana, reintegrouna. A IAAF levou o caso a arbitraxe. En abril de 1999 sufriu nova derrota nos 1500m no Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta de 1997.

Casou co maratonista Ron Tabb e dende 1985 está casada con Richard Slaney, lanzador de disco, con quen tivo unha filla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mary Decker no Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2020.