Marxe de erro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En estatística, marxe de erro, erro de mostraxe ou erro de estimación é o erro que xorde por mor de observar unha mostra da poboación completa.[1]

A estimación dun valor de interese, como a media ou a porcentaxe, estará xeralmente suxeita a unha variación entre unha mostra e outra.[1] Estas variacións nas posibles mostras dunha estatística poden, teoricamente, ser expresadas como erros de mostraxe, con todo, normalmente, na práctica o erro exacto é descoñecido. O erro de mostraxe refírese en termos máis xerais ao fenómeno da variación entre mostras. Cando este non é mencionado considérase que a marxe de erro base é o 0.02% (0.2 para mostraxe paralela e 2 para mostraxe directa).

O erro de mostraxe desexado, xeralmente pode ser controlado tomando unha mostra aleatoria da poboación, suficientemente grande[2], con todo, o custo disto pode ser limitante.[2] Se as observacións son tomadas dunha mostra aleatoria, a teoría estatística brinda cálculos probabilísticos do tamaño desexado do erro de mostraxe para unha estatística en particular ou estimación. Estes usualmente son expresados en termos do erro estándar.

O erro de mostraxe pode ser contrastado co erro de medición, o cal se refire ao conxunto das desviacións do valor real que non van en función da mostra escollida, entre os cales se atopan varios erros sistemáticos e algúns erros aleatorios. Resultan moito máis difíciles de cuantificar que o erro de mostraxe.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sarndal, Swenson, and Wretman (1992), Model Assisted Survey Sampling, Springer-Verlag, ISBN 0-387-40620-4
  2. 2,0 2,1 2,2 Fritz Scheuren (2005). "What is a Margin of Error?", Chapter 10, in "What is a Survey? Arquivado 12 de marzo de 2013 en Wayback Machine.", American Statistical Association, Washington, D.C. Accesso: 2008-01-08.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sarndal, Swenson, and Wretman (1992), Model Assisted Survey Sampling, Springer-Verlag, ISBN 0-387-40620-4
  • Fritz Scheuren (2005). "What is a Margin of Error?", Chapter 10, in "What is a Survey?", American Statistical Association, Washington, D.C. Accessed 2008-01-08
  • Campbell, Neil A.; Reece, Jane B. (2002). Biology. Benjamin Cummings. pp. 450–451. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.