Maruxa Boga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maruxa Boga
Maruja Boga con afecto sincero al sr Fernando Cordero.jpg
Nacemento1915
 Buenos Aires
Falecemento26 de xullo de 2010
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina e España
Ocupaciónactriz, xornalista e locutor de radio
Maruja Boga Romaní, firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

María Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, nada en Buenos Aires en 1915 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha locutora de radio, actriz e xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dos galegos Leandro Boga e María Romaní, do Barbanza, comeza a súa traxectoria como locutora de radio no programa Galicia, que dirixía a actriz Maruxa Villanueva. O 5 de agosto de 1945 comeza a presentar, a canda o actor Fernando Iglesias Sánchez, "Tacholas" e o seu home, o xornalista Alfredo Ángel Aróstegui, o programa de radio Recordando a Galicia na emisora arxentina Radio Rivadavia. Traballou tamén en Radio Excelsior, Radio Prieto, Radio del Pueblo, Radio Antártida etc.[1]

Fundou con Tacholas a compañía de teatro Boga-Tacholas, coa que, de 1941 a 1944, se dedicaron á representacións de comedias, moitas delas de temática galega,[2] principalmente da autoría de Manuel Daniel Varela Buxán. Interpretou a personaxe de Pimpinela de Os vellos non deben de namorarse, baixo a dirección do propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor da peza.[1]

Logo de que Tacholas deixe en 1953 a presentación do programa, continuou con Arostegui á súa fronte ata marzo de 1984, cubrindo 39 anos de emisións ininterrompidas. O programa foi ademais un referente da comunidade galega na Arxentina, e por el pasaron Castelao, Eduardo Blanco Amor, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Maruxa Villanueva ou Manuel Dopazo Gontade.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu o Grelo de ouro en 1998 canda a Maruxa Villanueva e Tacholas, polo impulso do teatro galego na Arxentina.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Tacholas, Maruxa Boga, Castelao, Alfredo Aróstegui e Enrique González, 1945. 
Maruxa Boga, Tacholas e Alfredo Aróstegui en Recordando a Galicia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]