María Vázquez Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maruja Vázquez Suárez»)
Infotaula de personaMaría Vázquez Suárez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1894 Editar o valor em Wikidata
Vilaescura, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Miño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Vázquez Suárez, nada Vilaescura (Sober) o 15 de agosto de 1894[1] e finada en Miño o 19 de agosto de 1936, foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Joaquín Vázquez Fernández. Estudou na Normal da Coruña onde se graduou en 1913. En 1918 obtivo praza na escola de nenas da Pobra do Caramiñal onde exerceu 12 anos. En 1929 obtivo praza na escola nº 2 de Miño. Nesta etapa frecuentou os ambientes republicanos e coa chegada da República, identificouse coa reforma pedagóxica, asistiu a cursos de perfeccionamento na Coruña e organizou excursións escolares a fábricas e monumentos.

Maruja coas súas alumnas, posiblemente na Pobra do Caramiñal.

Desenvolveu tamén unha actividade política e sindical, integrándose na agrupación socialista de Miño, e realizou a súa primeira intervención nun mitin político en 1932. Participación en campañas e mitins con discursos centrados nas políticas educativas e na defensa dos dereitos das mulleres. Colaborou coa Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano Americanas e a Agrupación Femenina Republicana. En 1933 afiliouse á FETE-UGT e en 1935 ocupou o cargo de vicetesoureira.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida na Coruña acusada de defender a escola laica e o amor libre.[2] Trasladárona á cadea de Pontedeume e o 19 de agosto fusilárona nunha praia de Miño. A súa casa foi saqueada e queimaron os seus libros.

Ela e Mercedes Romero Abella son as dúas mestras executadas na represión fascista.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 68. 
  2. "Ficha en Vermellas". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 23 de novembro de 2013. 
  3. Méndez, Mila (12/7/2021). "Los 508 maestros de A Coruña castigados por padecer una «tara liberal»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12/7/2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]