Saltar ao contido

Martinus Beijerinck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Beijerinck" redirixe aquí. Para o cráter lunar, ver Beijerinck (cráter).
Modelo:BiografíaMartinus Beijerinck

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1851 Editar o valor en Wikidata
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1931 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Gorssel, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden
Universidade Técnica de Delft Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMicrobioloxía, botánica e Viroloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónentomólogo, virólogo, botánico, catedrático, biólogo, microbiólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Delft, Dutch ordinary professor (en) Traducir (1895–1921) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosJan Smit Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBeij. Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 84873 WikiTree: Beijerinck-16
Martinus Beijerinck.
O laboratorio de Microbioloxía de Delft, onde traballou Beijerinck de 1897 a 1921.

Martinus Willem Beijerinck (pronunciado en holandés [mɑrˈtinʏs ˈʋɪləm ˈbɛiərɪŋk], AFI), nado o 16 de marzo de 1851, finado o 1 de xaneiro de 1931, foi un microbiólogo e botánico holandés que foi un dos fundadores da viroloxía e a microbioloxía ambiental. Considérase un dos codescubridores dos virus (1898), aos cales el chamou "contagium vivum fluidum".

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

Nado en Amsterdam, Beijerinck estudou na Escola Técnica de Delft, onde recibiu o grao de bioloxía en 1872. Obtivo o seu doutoramento en Ciencias na Universidade de Leiden en 1877.[1]

Daquela, Delft, que entón era un Politécnico, non tiña o dereito de outorgar doutoramentos, así que Leiden facía isto por ela. Converteuse en profesor de microbioloxía na Escola de Agricultura de Wageningen (agora Universidade de Wageningen) e posteriormente na Polytechnische Hogeschool Delft (Politécnica de Delft, hoxe Universidade de Tecnoloxía de Delft) (desde 1895). Fundou a Escola de Delft de Microbioloxía. Os seus estudos de microbioloxía agrícola e industrial proporcionaron descubrimentos fundamentais no campo da bioloxía. Os seus logros foron quizais inxustamente ensombrecidos polos dos seus contemporáneos Robert Koch e Louis Pasteur, porque, a diferenza deles, Beijerinck nunca estudou doenzas humanas.

En 1877 publicou o seu primeiro artigo de investigación notable, discutindo os bugallos das plantas. O artigo foi a base da súa tese de doutoramento.[2]

En 1885 chegou a ser membro da Academia Real dos Países Baixos de Artes e Ciencias.[3]

Carreira científica

[editar | editar a fonte]
Beijerinck trabalando no seu laboratorio.

Considérase un dos fundadores da viroloxía.[4][5][6][7] En 1898, publicou os resultados sobre os experimentos sobre filtracións demostrando que a enfermidade do mosaico que afectaba a planta do tabaco era causada por un axente infeccioso máis pequeno que unha bacteria.[8]

Os seus resultados concordaban con observacións similares feitas por Dmitri Ivanovsky en 1892.[9] Igual que Ivanovsky antes ca el e que Adolf Mayer, o seu predecesor en Wageningen, Beijerinck non podía cultivar o axente infeccioso filtrable; porén, concluíu que o axente podía replicarse e multiplicarse nas plantas vivas. Nomeou o novo patóxeno virus para indicar a súa natureza non bacteriana. Beijerinck afirmou que o virus era algo de natureza líquida, e chamouno "contagium vivum fluidum" (fluído vivo contaxioso).[10] Ata que Wendell Stanley obtivo os primeiros cristais do virus do mosaico do tabaco (TMV) en 1935, non se puideron tomar as primeiras micrografías electrónicas do TMV realizadas en 1939 e a primeira análise cristalográfica de raios X do TMV realizada en 1941, que demostraban que os virus eran particulados.

Beijerinck investigou tamén a fixación do nitróxeno,[11] o proceso polo cal o gas nitróxeno diatómico do aire se converte en ións amonio e queda en situación dispoñible para o seu uso polas plantas. Algunhas bacterias realizan a fixación do nitróxeno, vivindo dentro de nódulos radiculares das plantas leguminosas. Ademais de descubrir a reacción bioquímica vital para fertilidade do solo e a agricultura, Beijerinck revelou este exemplo arquetípico de simbiose entre plantas e bacterias.

Beijerinck descubriu o fenómeno da redución do sulfato bacteriana, unha forma de respiración anaerobia. Descubriu que algunhas bacterias podían usar o sulfato como aceptor de electróns terminal, en vez do oxíxeno. este descubrimento tivo un importante impacto sobre os nosos coñecementos actuais dos ciclos bioxeoquímicos. A especie Spirillum desulfuricans, agora chamada Desulfovibrio desulfuricans,[12] a primeira bacteria coñecida redutora de sulfato, illouna e describiuna Beijerinck.

Beijerinck inventou o cultivo (ou medio) de enriquecemento, un método fundamental para estudar microbios procedentes do ambiente. A miúdo atribúeselle incorrectamente perfilar a idea da ecoloxía microbiana de que "todo está en todas partes, pero o ambiente selecciona", que, en realidade, foi formulada por Lourens Baas Becking.[13][14]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Beijerinck foi unh figura socialmente excéntrica. Era verbalmente abusivo cos estudantes, nunca casou, e tiña poucas colaboaracións profesionais. Tamén foi coñecido polo seu estilo de vida ascético e a súa idea de que a ciencia e o matrimonio eran incompatibles. A súa escasa popularidade cos seus estudantes e os seus pais periodicamente lle producía depresións, xa que el gustaba moito de espallar o seu entusiasmo pola bioloxía na clase. Despois do seu retiro na Escola de Microbioloxía de Delft en 1921, á idade de 70 anos, trasladouse a Gorssel, onde viviu o resto da súa vida, xunto coas súas dúas irmás. Morreu alí en 1931.[15]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Azotobacter beijerinckii (unha especie de bacterias), Beijerinckia (un xénero de bacterias),[16] Beijerinckiaceae (unha familia de Hyphomicrobiales), e o cráter lunar Beijerinck reciben os seus nomes en honra de Martinus Beijerinck.

O Premio de Viroloxía M.W. Beijerinck (M.W. Beijerinck Virologie Prijs) outórgase na súa honra.

  1. Chung, K. T.; Ferris, D. H. (1996). "Martinus Willem Beijerinck (1851–1931): Pioneer of General Microbiology" (PDF). ASM News (Washington, D.C.: American Society For Microbiology) 62 (10): 539––543. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  2. Bos, L. (29 de marzo de 1999). "Beijerinck's Work on Tobacco Mosaic Virus: Historical Context and Legacy". Philosophical Transactions: Biological Sciences 354 (1383): 675–685. PMC 1692537. PMID 10212948. doi:10.1098/rstb.1999.0420. 
  3. "Martinus Willem Beijerinck (1851 - 1931)". Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  4. Lustig, Alice; Levine, Arnold J. (1992). "One Hundred Years of Virology". Journal of Virology (Washington, D.C.) 66 (8): 4629–4631. PMC 241285. PMID 1629947. doi:10.1128/JVI.66.8.4629-4631.1992. 
  5. Bos, L. (1995). "The Embryonic Beginning of Virology: Unbiased Thinking and Dogmatic Stagnation". Archives of Virology 140 (3): 613–619. PMID 7733832. doi:10.1007/bf01718437. 
  6. Zaitlin, Milton (1998). "The Discovery of the Causal Agent of the Tobacco Mosaic Disease" (PDF). En Kung, S. D.; Yang, S. F. Discoveries in Plant Biology. Hong Kong: World Publishing Co. pp. 105–110. ISBN 978-981-02-1313-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  7. Lerner, K. L.; Lerner, B. W., eds. (2002). World of Microbiology and Immunology. Thomas Gage Publishing. ISBN 0-7876-6540-1. Beijerinck afirmou que o virus era líquido, mais esta teoría foi despois refutada por Wendell Stanley, que demostrou a natureza particulada dos virus. Beijerinck, non obstante, achaiou o camiño para que os virólogos do século XX descubrisen os segredos dos patóxenos virais que agora se sabe causan unha ampla variedade de doenzas en plantas e animais (incluíndo os humanos). 
  8. Beijerinck, M. W. (1898). "Über ein Contagium vivum fluidum als Ursache der Fleckenkrankheit der Tabaksblätter" (PDF). Verhandelingen der Koninklijke Akademie van Wetenschappen te Amsterdam (en alemán) 65: 1–22.  Traducido ao inglés en Johnson, J., Ed. (1942) Phytopathological classics. (St. Paul, Minnesota: American Phytopathological Society) No. 7, pp. 33–52 (St. Paul, Minnesota)
  9. Iwanowski, D. (1892). "Über die Mosaikkrankheit der Tabakspflanze". Bulletin Scientifique Publié Par l'Académie Impériale des Sciences de Saint-Pétersbourg. Nouvelle Série III (en alemán e ruso) (San Petersburgo) 35: 67–70.  Traducido ao inglés en Johnson, J., Ed. (1942) Phytopathological classics (St. Paul, Minnesota: American Phytopathological Society) No. 7, pp. 27–-30.
  10. Creager, Angela N. H. (2002). The Life of a Virus: Tobacco Mosaic Virus as an Experimental Model, 1930-1965. Chicago: University of Chicago Press. p. 26. ISBN 9780226120256. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  11. Beijerinck, M.W, 1901, Über oligonitrophile Mikroben, Centralblatt für Bakteriologie, Parasitenkunde, Infektionskrankheiten und Hygiene, Abteilung II, Vol 7, pp. 561–582
  12. Jean, Euzeby. "Genus Desulfovibrio". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Consultado o 6 de novembro de 2014. 
  13. de Wit R, Bouvier T. (2006). "Everything is everywhere, but, the environment selects; what did Baas Becking and Beijerinck really say?". Environmental Microbiology 8 (4): 755–758. Bibcode:2006EnvMi...8..755D. PMID 16584487. doi:10.1111/j.1462-2920.2006.01017.x. 
  14. Bass-Becking, Lourens G.M. (1934). Geobiologie of inleiding tot de milieukunde [Geobiology or Introduction to Environmental Science]. The Hague: W.P. Van Stockum & Zoon. 
  15. Geertje Dekkers (24 de marzo de 2020). "De man die het virus bedacht" [The man who invented the virus] (en neerlandés). 
  16. Arahal, David R. (xuño de 2016). "Beijerinckia". Bergey's Manual of Systematics of Archaea and Bacteria: 1–18. ISBN 9781118960608. doi:10.1002/9781118960608.gbm00795.pub2. Arquivado dende o orixinal o 11 de deembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]