Martina Lubyová

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartina Lubyová

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata
Bratislava, Eslovaquia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Minister of Education, Science, Research and Sport (en) Traducir
13 de setembro de 2017 – 21 de marzo de 2020
← Gabriela Matečná (en) TraducirBranislav Gröhling (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovaquia
Checoslovaquia Editar o valor em Wikidata
EducaciónComenius University, Faculty of Mathematics, Physics and Informatics (en) Traducir - Biofísica
CERGE-EI (en) Traducir
Faculty of Law at Comenius University in Bratislava (en) Traducir - Doutor en filosofía
University of Economics in Bratislava (en) Traducir - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, economía e política Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , docente , avogada , economista , xurista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSlovak Academy of Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Eslovaco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovaca, lingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Martina Lubyová, nada o 12 de maio de 1967 en Bratislava, e finada o 20 de novembro de 2023, foi unha economista e política eslovaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do físico Štefan Luby, estudou primeiro xornalismo (1986-1988) co exame estatal de acreditación incluído e diplomouse en biofísica na Facultade de Matemáticas e Física da Universidade Comenius de Bratislava (UCB) en 1991 [1]. Entre 1995 e 2000 traballou como investigadora no Instituto de Previsións da Academia Eslovaca de Ciencias en Bratislava. En 1997 licenciouse en dereito na UCB e de 1999 ao ano 2000 foi asesora legal do Ministerio de Finanzas [2]. En 1999 obtivo dous doutoramentos, en dereito na Universidade Comenius e en estatística na Universidade de Economía de Bratislava. Desde 2000 ata 2010 traballou para a Organización Internacional do Traballo, principalmente na súa sede de Moscova [2] e no ano 2002[2]logrou o doutoramento polo Center for Graduate Education - Economics Institute de Praga, asociada á Universidade Estatal de Nova York.

Dende 2010 traballou como investigadora Instituto de Pevisións da Academia de Ciencias de Eslovaquia que dirixiu a partir de 2013 [3]. O 1 de outubro de 2015 o Instituto de Previsións xunto co Instituto de Psicoloxía Experimental e mais o Instituto de Ciencias Sociais formaron o Centro de Ciencias Sociais e Psicolóxicas da Academia de Ciencias de Eslovaquia e Lubyová ocupou o cargo de subdirectora[4]. Ensinou estatísticas e estatísticas sociais na Facultade de Informática Empresarial da Universidade de Economía de Bratislava [1] e dende xuño de 2017 tamén é membro do Presidium da Academia de Ciencias de Eslovaquia [5]

Ministra de Educación[editar | editar a fonte]

O 11 de setembro de 2017 o Partido Nacional Eslovaco presentouna para dirixir o Ministerio de Educación [6] no goberno de coalición de Robert Fico e xurou o seu cargo o 13 de setembro de 2017.

En xaneiro de 2019 xurdiron dúbidas sobre a transparencia na redistribución de fondos á ciencia e á investigación. Durante a avaliación de proxectos, polo menos nun dos casos houbo unha inxerencia inxustificada na avaliación do ministerio, e a ministra destituíu ao director xeral da sección de ciencia e tecnoloxía[7]. Cesou do seu cargo o 21 de marzo de 2020 tras a celebración de eleccións xerais [8] e a dimisión do goberno de Peter Pellegrini.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Dôchodkové zabezpečenie v SR v kontexte európskych dôchodkových systémov a ich súčasných reforiem (1997)
  • Aktívna politika trhu práce v Slovenskej republike (1997)
  • Jobs from Active Labour Market Policies and Their Effects on Slovak Unemployment," William Davidson Institute Working Papers Series 112, William Davidson Institute at the University of Michigan (1997, con Jan C. van Ours)
  • Labour Supply of Married Females and the Related Wage Setting Behavious in Slovakia and the Czech Republic. Working Paper Nº 7, Institute for Forecasting, Slovak Academy of Sciences (2000, con K. Sabirjanova)
  • Labour Market Institutions and Policies in the CIS: Post-Transition Outcomes, Working Paper 3/2009, International Labour Organisation, Sub-regional Office for Eastern Europe and Central Asia (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "JUDr. Mgr. Martina Lubyová, PhD.". fhi.sk. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2021. Consultado o 03 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Martina Lubyová a Ladislav Brimich riaditeľmi ústavov". sav.sk. 31 de xaneiro de 2013. 
  3. "Aká bude nová ministerka školstva? Bystrá, racionálna, lepšia ako Plavčan, hovoria kolegovia zo SAV". Denník. 11 de setembro de 2017. 
  4. "Novou ministerkou školstva sa stala Martina Lubyová". minedu.sk. 13 de setembro de 2017. 
  5. "Členka P SAV". psav.sav.sk. 
  6. "VIDEO: Novou ministerkou školstva bude M. Lubyová zo SAV". Teraz. 11 de setembro de 2017. 
  7. "Lubyová odvolala šéfa sekcie, podozrenia pri dotáciách zostávajú". SME Domov. 4 de febreiro de 2019. 
  8. Pravda (20 de marzo de 2020). "Pellegriniho vláda končí, podala demisiu". Pravda.