Saltar ao contido

Martin Wolfswinkel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartin Wolfswinkel
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1979 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo neerlandés Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2001   SD Compostela 2
2000–2001→ cesión:    Real Ávila Club de Fútbol
2001–2002   SD Compostela
2004–2010   Club Deportivo Lalín

Martin Wolfswinkel, nado en Ámsterdam o 7 de setembro de 1979, é un ex xogador de fútbol profesional neerlandés afincado en Lalín que iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Ajax de Ámsterdam.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No ano 1998 fichou pola SD Compostela cando militiba na Segunda División Española. Os poucos minutos disputados fan que saia cedido ao Real Ávila na temporada 00/01.

O xogador neerlandés non chega a consolidarse no club santiagués polo que finalmente, no ano 2004, ficha polo CD Lalín do Grupo 1 da Terceira División, onde xogaría ata a súa retirada no ano 2010.

Martin asentaríase en Lalín onde seguiría a súa vida profesional lonxe dos terreos de xogo e ligado ao mundo do téxtil, traballando para firmas importantes como Florentino.[1]

  1. ↑ transfermarkt.es (ed.). "Ficha de xogador de Martin Wolfswinkel". Consultado o 6 de maio de 2026.