Martin Mystery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Martin Mystery
FormatoAcción
Creado porAlfredo Castelli e Stephane Berry
IntérpretesAnimación
País de orixeCanadá, Francia
Episodios66
Produción
Duración25 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeMarathon Productions
Primeira emisión1 de outubro de 2003
Derradeira emisión?
Na rede
http://www.martinmystere.com/
IMDB: tt0374419 Allocine: 5321 TV.com: shows/martin-mystery Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Martin Mystery é unha serie de animación creada por Alfredo Castelli e Stephane Berry no ano 2003. Está producida pola compañía francesa Marathon. A serie está baseada no cómic italiano "Martin Mystère".

En Galicia comezou a emitirse o 31 de outubro de 2005, no espazo infantil Xabarín Club.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Esta serie relata as aloucadas aventuras de dous medio irmáns (Martin e Diana) que estudan na Academia Torrington e que pertencen a unha organización secreta que protexe a Terra de fenómenos extraterrestres e paranormais. Nesta organización non toda a xente é humana, están por exemplo Billy, un extraterrestre pequeno e de cor verde (o mellor amigo de Martin) e Jaba, un cavernícola de 200.000 anos de antigüidade, que traballa na cafetería da Academia de Martin e Diana.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Martin Mystery
Martin é un mozo de 16 anos coma outro calquera, que ten paixón polo paranormal. Despois de solucionar involuntariamente un gran misterio, foi recrutado polo "Centro". Xa sexa na escola ou nunha misión, el segue sendo sempre o mesmo adolescente inmaturo e cheo de enerxía. Case nunca pensa antes de exporse ó perigo, a miúdo para axudar a alguén. Martin sente unha atracción moi peculiar polo lameiro e desagradable (sobre todo das cousas que Diana considera noxentas). Adora gastarlle bromas pesadas a Diana (a súa media irmá), da que case sempre recibe unha represalia en forma de abuso físico. Como líder do equipo, Martin é o único que utiliza o "Reloxo-U", o cal proporciona algúns obxectos que necesitan para resolver os seus misterios.
  • Diana Lombard
Diana é unha adolescente seria, racional e obsesiva de 16 anos, que non ten nada en común con Martin (o seu medio irmán). Como axente do Centro e como a súa axudante nas súas misións e investigacións, ela esfórzase por darlle máis seriedade á vida de Martin. Diana é ocasionalmente asustadiza, pero demostra un gran valor cando é preciso. Ela non comparte o gusto de Martin polo paranormal, e sempre tenta explicar as cousas coa lóxica, antes de que parezan paranormais. Diana realmente sofre ó tratar de mante-la calma co seu inmaturo e irresponsable medio irmán, ó cal xeralmente patea, golpea e losquea. Diana aparece xeralmente cos seus dous broche de cabelo e a súa pequena mochila de cor púrpura. A súa mellor amiga é Jenny.
  • Jaba
Jaba é un cavernícola de 200.000 anos, amigo de Martin e Diana, que traballa no colexio Torrington como cociñeiro e conserxe. El asiste a Martin e Diana nas súas pescudas, e a súa forza bruta é moi útil para loitar contra os monstros ós que se enfrontan, ou para romper portas e pechaduras. É un amante dos lagartos e das arañas, porén, ten medo dos gatos e das alturas (ten vertixe), ademais de non poder nadar. Trátase do membro máis silandeiro do equipo, sendo o seu dominio do idioma moi básico (non conxuga os verbos, por exemplo). Java é unha fonte de comedia, debido ás súas reaccións ante os diferentes escenarios asociados ó seu medo á tecnoloxía moderna.
  • Billy
Billy é un pequeno extraterrestre de cor verde que traballa para o Centro como secretario persoal de MOM. O seu papel é xeralmente de apoio; aparece do nada en calquera momento durante a misión, para dar información valiosa ou para facer as análises que Martin lle ordena. Na segunda tempada, Billy revelouse como un terrible guerreiro extraterrestre coñecido como Ganthar, o cal deixou atrás a violencia; razón pola cal case nunca acompaña ós outros tres axentes. Chegou á Terra no incidente de Roswell. Recentemente adoptou o disfrace de ser humano para acompañar a Martin e Diana en Torrington.
  • M.O.M.
MOM é a directora do Centro. É a encargada de supervisar as investigacións das actividades paranormais. Martin é un dos seus axentes favoritos. O seu verdadeiro nome é descoñecido para todos, aínda que ela utilizou o "alias" Olivia Mandell, que deriva das iniciais de MOM. Antes de traballar para o Centro ela conducía un carro de xelados. É seria e inflexible, e ten que facerlle fronte a Martin, o cal estraga tódolos aparellos nos que traballa cando é chamado á súa oficina. A pesar do seu reservado sentido do humor, ela é en realidade –segundo Billy–: un auténtico "animal festeiro".

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Marvin
Marvin é o némesis de Martin e o amor platónico de Diana. É un personaxe ó que lle gustan os deportes extremos e pode facer o mesmo que Martin (e moito mellor). Descubriu as identidades de Martin e Diana e foi chamado por MOM para ser un dos seus axentes, pero tras ser sabotado por Martin foi enviado á base do Centro no Polo.
  • Jenny Anderson
Jenny é o amor non correspondido de Martin. Para ela, Martin sempre foi un mozo inmaturo, raro e perdedor. É unha das mozas máis guapas de Torrington. Aínda que Jenny ve xeralmente a Martin así, ás veces ela mostra interese e procura conseguir unha relación con el. Desafortunadamente para Martin, nunca dura porque borran a súa memoria ou el mesmo o bota a perder. Outro problema para Martin é que ela é unha das moitas mozas que están namoradas de Marvin.
  • Gerald Mystery
Gerald é o pai de Martin e Diana. É un científico moi racional que pasa a meirande parte do seu tempo no campo. Como Diana, el tamén considera calquera cousa relacionada co paranormal como parvadas. Na segunda tempada descobre a existencia do Centro.
  • Caitlin
Caitlin é unha moza morena de pelo curto, que foi noiva de Martin nun breve espazo de tempo. Considérana unha versión de Martin. As súas afeccións son os videoxogos, os cómics e os filmes de terror. Cortou con Martin despois de que a deixara plantada.

Dobraxe ó galego[editar | editar a fonte]

  • Ano: 2005
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Dobraxe ó galego Voz orixinal
Martin Mystery Antón Ja Sam Vincent
Diana Lombard Isabel Vallejo Kelly Sheridan
Java Xosé Manuel Rodríguez Dale Wilson
Billy Chelo Díaz Sam Vincent
MOM Miriam Aldrey Teryl Rothery
Marvin Oscar Fernández ?
Jenny Andeson Chelo Díaz / Ana Ouro / Montse Davila ?
Gerald Mystery Andrés Bellas ?
Caitlin Ana Lemos ?
Voz de fondo (títulos dos episodios) Xosé Manuel Rodríguez / Antón Olmos ?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]