Saltar ao contido

Martin Hongla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartin Hongla

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1998 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Yaoundé, Camerún Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaCamerún Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa e centrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  FC Barcelona B
  FC Barcelona
2018–2019   Granada CF
2019–2019 cesión FC Karpaty Lviv
2019– Royal Antwerp Football Club
2021– cesión Hellas Verona F.C.

UEFA: 250133276 Editar o valor en Wikidata

Martin Hongla Yma II, nado en Yaoundé o 16 de marzo de 1998, é un futbolista camerunés que xoga como centrocampista defensivo ou defensa central no Granada, da Segunda División. É internacional coa selección do Camerún.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Yaoundé, comezou a xogar ao fútbol na Academia Deportiva Nkufo, do futbolista Blaise Nkufo, ata que no 2016 incorporouse ao Recreativo Granada da Segunda División B de España.[1]

Debutou co filial andaluz o 21 de agosto de 2016, saíndo como titular nun empate 1-1 na casa contra o Atlético Mancha Real.[2] O 28 de xaneiro de 2017 debutou co primeiro equipo do Granada na Primeira División, diante do Villarreal.[3]

Para a tempada 2017/18 ascendeu definitivamente ao equipo principal, xa na Segunda División. Na segunda metade da campaña xogou cedido no FC Barcelona B, da mesma categoría.[4]

En xullo de 2019, tras unha cesión de seis meses no Karpaty Lviv, fichou polo Royal Antwerp FC da Primeira División A belga.[5] O 9 de xullo de 2021 foi cedido ao Hellas Verona, da Serie A italiana.

O 31 de xaneiro de 2023 regresou a España e á súa máxima categoría, despois de aceptar unha cesión de seis meses no Real Valladolid.[6]

O 12 de xaneiro de 2024 regresou ao Granada.[7]

Selección camerunesa

[editar | editar a fonte]

Internacional en categorías inferiores, disputou co Camerún o Campionato Africano Sub-17 de 2015, na clasificación para a Copa Africana de Nacións Sub-20 de 2017 e a Copa Africana de Nacións Sub-23 de 2019.

O 16 de novembro de 2020 debutou coa selección absoluta do Camerún, nun partido de clasificación para a Copa de Nacións contra Mozambique.[8] En novembro de 2022 foi convocado por Rigobert Song para disputar o Mundial de 2022 en Qatar.[9]

  1. "Martin Hongla, convicción y atrevimiento" (en castelán). 30 de setembro de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  2. "Martin Hongla, convicción y atrevimiento" (en castelán). 21 de agosto de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  3. "El Villarreal vuela sin Pato" (en castelán). 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  4. "Granada CF agree to loan of Martin Hongla" (en inglés). 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  5. "El Granada CF acuerda el traspaso de Hongla al Royal Antwerp FC" (en castelán). 3 de xullo de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  6. "Hongla fortalece la plantilla" (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  7. "Martin Hongla, nuevo jugador del Granada CF" (en castelán). 12 de xaneiro de 2024. Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  8. "Camerún 2-0 Mozambique". espn.com (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2025. 
  9. "Le Cameroun avec Onana, Anguissa et Choupo-Moting à la Coupe du monde" (en francés). 10 de novembro de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2025.