Martin Hägglund
Martin Hägglund | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de novembro de 1976 |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Suecia |
Alma máter | Universidade de Estocolmo, Universidade do Estado de Nova York en Buffalo e Universidade Cornell |
Ocupación | filósofo, profesor universitario e especialista en literatura |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Martin Hägglund, nado o 23 de novembro de 1976 en Sollentuna (Estocolmo), é un filósofo[1] sueco e estudoso da literatura modernista.[2] É profesor de Literatura Comparada e Humanidades na Universidade Yale.[3] É tamén membro da Harvard Society of Fellows, na que foi socio Junior de 2009 a 2012.[4] É o autor de Kronofobi: Essäer om tid och ändlighet (2002), Radical Atheism: Derrida and the Time of Life (2008), Dying for Time: Proust, Woolf, Nabokov (2012) e This Life: Secular Faith and Spiritual Freedom (2019).
Obras[editar | editar a fonte]
Radical Atheism (2008)[editar | editar a fonte]
Radical Atheism é unha intervención centrada esenciamente na deconstrución. Detalla a xeito de novela unha recensión do pensamento de Jacques Derrida sobre o tempo e o espazo, a vida e a morte, o ben e o mal, o propio e o alleo. De acordo con Hägglund, todos os nosos compromisos implican un investimento e uns coidados para unha vida finita. Mediante a deconstrución da noción do tempo, Hägglund mostra de que xeito reconsidera Derrida a constitución de identidade, a ética, a relixión e a emancipación política de acordo co feito do tempo ser finito.
Dying for Time (2012)[editar | editar a fonte]
Dying fot Time ofrece novos puntos de vista da cuestión da temporalidade na obra de Marcel Proust, Virginia Woolf e Vladimir Nabokov. Por medio dunha relación entre Sigmund Freud e Jacques Lacan, Hägglund desenvolve amais unha teoría propia da relación entre o tempo e o desexo ("chronolibido"), en que trata temas coma o dó e a melancolía, o pracer e a dor, ou o apego e a perda.
This Life (2019)[editar | editar a fonte]
Nesta obra, Hägglund realiza unha crítica do ideal relixioso da eternidade e reconcibe a fe, no aspecto secular, como a forma fundamental de compromiso práctico. Mediante novas interpretacións do pensamento de G.W.F. Hegel, Karl Marx e Martin Luther King, Hägglund desenvolve as participacións sociais e políticas da súa análise da nosa existencia temporal, e argumenta que o traballo concibido dende a perspectiva do capitalismo aliena a nosa vida finita.
A través da reivindicación de reconsiderarmos os nosos valores, Hägglund presenta unha visión de socialismo democrático como modo de vida post-capitalista. Dese xeito poderiamos posuír o noso tempo de xeito real e recoñecer a nosa liberdade compartida.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 2014: Schückska priset, outorgado pola Academia Sueca[5]
- 2018: Bolsa de estudos Guggenheim
- 2020: Ingemar Hedenius-priset[6]
- 2020: René Wellek en 2020.[7][8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Brown, Nathan (inverno de 2019). "The revival of Hegelian Marxism on Martin Hägglund’s This Life". Radical Philosophy (en inglés) (206): 34–42. ISSN 0300-211X.
- ↑ Winters, David (5 de febreiro de 2013). "Terror and Beauty: Martin Hägglund’s “Dying for Time”". Los Angeles Review of Books (en inglés) (Los Angeles, EUA). Consultado o 8 de agosto de 2022.
- ↑ "Hägglund named Baldwin Professor of Comparative Literature and Humanities". Yale News (en inglés). 10 de maio de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2022.
- ↑ "Senior and Junior Fellows" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 8 de agosto de 2022.
- ↑ "Schückska priset". Svenska Akademien. 13 de marzo de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Martin Hägglund tilldelas Hedeniuspriset 2020".
- ↑ "Martin Hägglund-John Simon Guggenheim Memorial Foundation".
- ↑ "Professor Martin Hägglund wins the prestigious René Wellek Prize".