Martin Andersen Nexø
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (da) Martin Andersen 26 de xuño de 1869 Copenhague |
| Morte | 1 de xuño de 1954 Dresden |
| Lugar de sepultura | Assistens Kirkegård |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Clase traballadora e escritor |
| Ocupación | xornalista, escritor, autobiógrafo |
| Período de actividade | 1902 |
| Partido político | Partido Comunista de Dinamarca |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Johanna Andersen-Nexö |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Андерсен-Нексё Мартин) Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Library of the World's Best Literature |
Martin Andersen Nexø, nado en Copenhague o 26 de xuño de 1869 e finado en Dresden o 1 de xuño de 1954, foi un escritor dinamarqués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nun barrio pobre de Copenhague, a súa familia moveuse a Nexø en 1877. A mediados da década de 1890 viaxou polo sur de Europa, e o seu libro Soldage (1903) baséase en gran parte nesas viaxes. Pelle Erobreren (Pelle o conquistador) é a súa obra máis coñecida (1906-1910), da que se fixo unha película en 1987.
Militante do Partido Comunista de Dinamarca, en 1941 durante a ocupación nazi foi detido pola policía. Conseguiu fuxir a Suecia, e posteriormente á Unión Soviética, onde fixo programas de radio dirixidos a Dinamarca e Noruega. Despois da segunda guerra mundial estableceuse en Dresde, na Alemaña Oriental.